mércores, 1 de abril de 2020

Xoves 2 de abril

Quedan un par de días e... semana virada!!
E que toca para hoxe? Esperade que miro...



L. Castelá Páxs 142-143
Son exercicios sobre a lectura de onte. Repasádea.
Ex. 1 *Colorear No-No-Si-No-Si
          *Porque indica el norte y los orienta
          *La 2ª caravana porque sigue la estrella Polar
          *Esa noche soñó que guiaba una caravana por el desierto siguiendo a Polaris
Sempre empezamos con maiúscula, seguindo a pauta e rematamos en punto.
(Xoel, fai boa letra! Xandre, non pasmes e acaba! Lía, non comas letras!  Celia, non corras tanto!, ja, ja, ja... acertei algún?)
Ex. 2 Subraiar a 2ª e rodear a última.
Ex. 3 Que inventen o nome que queiran pero que o saiban ler e lle poñan maiúscula e punto.
Teñen 2 actividades a maiores para facer no libro dixital. Clicade nos iconos dos ex. 1 e 3.


Mate Páxs 148-149
Continuamos aprendendo decenas. Xa saben como vai pero... ollo co paso de 5 decenas a 50 unidades!! (5 decenas y 1 unidad= 50 + 1)
Teñen 2 actividades a maiores para facer no libro dixital. Clicade nos iconos dos ex. 1 e 2.


L. Galega Páxs. 152-153
Como en L. Castelá, lectura. Poden oíla logo no libro dixital ou que lla leades vós para que capten ben todo.
Teñen 1 exercicio para facer no libro dixital. Consta de 3 probas diferentes. Tedes que clicar no símbolo de avanzar. 

Ed. Física
Vídeo de Iván, vídeos meus de baile, outros que atoparedes vós... ou si queredes vos busco eu máis (correo)




Comezamos Tema 6.

L. Castelá Páxs 148-149-150-151
148-149 A min non me sale o vídeo na casa do libro dixital. Debe ser un erro de Santillana. Si vós o vedes, xenial. Senón que oralmente vos expliquen o que ven e marcades no nº 1 o 2º cuadradiño.
150-151 Lectura. Só iso, pero que a fagan ben, entendendo o que len e sin correr. Logo ou lla repetides vós ou poden escoitala no libro dixital para que entendan ben todo.

Mate Páxs 154-155
Medida de peso. O kg. A báscula. Poñédelles exemplos de cousas que teñades por casa... Comparade co seu propio peso, si xa tedes unha báscula, xenial. 
Ex. 1: más de 1 Kg / 1 Kg / menos de 1 Kg / 1 Kg
Ex. 2: 2 Kg / 3 Kg / 2 Kg / 2 Kg
Ex 3 e 4 "chupaos"
Teñen 2 actividades para facer no libro dixital.

L. Galega Páxs. 162-163
Precisades do vídeo da páx 162 e de 2 audios da páx 163 do libro dixital para facer os exercicios.
Ex. 3 No planetario. Co colexio. / Martiño / Paula.
Ex. 4 Obradoiro de astronomía. Ás 11.

Ed. Física
Vídeo de Iván, vídeos meus de baile, outros que atoparedes vós... ou si queredes vos busco eu máis (correo)

Espero que sigades ben. 
Moito ánimo!!