domingo, 23 de abril de 2023

Día do libro

Para conmemorar o día do libro visitounos a escritora Ana Meilán. Contounos os contos "O aire do lobo Rigoberto" e "As chaves dos Soños". Tamén nos firmou os nosos libros.

 







mércores, 5 de abril de 2023

Colorín colorado...trimestre rematado

 E para rematar o trimestre os nosos compañeiros de 5º viñeron a facer uns xogos con nós. Xogamos "Os 10 porquiños", "Carreira de letras" e "Slapzi". Encantáronnos e xa estamos desexando poder collelos na biblio. Moitas grazas compis!!



Excursión a Ferrol

O xoves 30 visitamos a lonxa e o porto interior de Ferrol. Dous axentes da policía portuaria ensináronnos o centro de control, dende donde vixian todo o que ocorre no porto. Tamén puidemos ver as maniobras que teñen que facer os barcos para poder atracar no peirao.

Despois desta visita chegou o momento que levabamos agardando toda a mañá. O "Rías Altas Un" agardaba no Porto de Curuxeiras para levarnos de paseo pola Ría de Ferrol. Puidemos ver a Base Naval da Graña, os castelos de San Felipe e a Palma, o porto de Mugardos e o porto exterior de Ferrol. Queremos repetir!!