martes, 26 de marzo de 2024

SAÍDA A CEDEIRA

 O venres rematamos o trimestre cunha excursión a Cedeira.

Primeiro visitamos a lonxa, onde nos explicaron como chega e se vende cada día o peixe fresco do mar. Ademais, ensináronnos algúns exemplares de peixe e marisco ben xeitosos!





Despois achegámonos ao Museo Mares de Cedeira. Alí observamos diferentes elementos que forman parte do patrimonio desa vila mariñeira: aparellos de pesca, ferramentas, embarcacións, maquetas, fósiles, cunchas, etc. 

Foi un día estupendo! 

🐙🐚🐟🎣🚢⚓☸🚣






luns, 25 de marzo de 2024

DÍA DOS BOSQUES

O pasado día 21 de marzo celebramos o Día das árbores.

Grazas aos membros do distrito forestal de Ferrol e en especial, a Martín, o papá dunha compi do cole. Coas súas explicacións aprendemos moito sobre as profesións que traballan a diario para protexer a biodiversidade dos bosques.








martes, 19 de marzo de 2024

SEMENTAR, SEMENTAREI... parte I

Nesta semana comeza primavera e polo tanto, a tempada de sementar. Nós xa puxemos a xerminar unhas cantas sementes de limoeiro. 

Primeiro, exprememos uns cantos limóns para coller as sementes. E como no cole non somos de desperdiciar, aproveitamos para facer unha refrescante limoada 😋 

Deixamos secar as sementes durante unhas horas e quitámoslle cunhas pinzas a pel. Logo envolvémola cunha servilleta moi húmida e por encima, papel de aluminio. 

A ver se á volta da Semana Santa están listas para o seguinte paso! 
🌱🍋

venres, 8 de marzo de 2024

DÍA DA MULLER - SEMANA DA PRENSA

Nestes días tivemos dobre conmemoración. 
Por iso estivemos á procura de novas coas que reivindicar o papel das mulleres no deporte cun mural colectivo. Ademais, aproveitamos os xornais usados para realizar unha pequena tarxeta coas cualidades das mulleres das nosas vidas.
♀️📰