martes, 31 de marzo de 2020

Mércores 1 de abril

Mi madriña!! Xa é 1 de abril? Veña que esto pasa voando!
E que toca para hoxe? Como vos iría onte?
Pois para hoxe...



Comezamos co Tema 6 (Libro 6). Si a algún vos quedou algunha actividade do libro 5 por facer porque faltastas, tamén o podedes ir facendo.

L. Castelá Páx. 138-139 
No libro dixital de Santillana tedes acceso a un vídeo de 3 min. ao que debedes prestar atención para contestar logo na páx. 139. Os que non teñades acceso a internet ou lles facedes preguntas de xeito oral sobre o que ven ou pasades destas páxinas.
Páx 140-141 Lectura en voz alta. É bastante longa pero hoxe só é iso. Na clase a fariamos entre todos. Que lean e logo lles podedes facer preguntas para ver se a entenderon. Igual logo a algún ou algunha lla tedes que releer vós para que capten todo.

Mate Páxs. 144-145. Medida de peso. O Kg. Creo que é moi sinxelo. Podedes relacionar co peso de cousas que teñan arredor, co seu propio peso... falade sobre isto.

L. Galega Páxs. 150-151. Vídeo no libro dixital sobre As dunas de Corrubedo. De xeito oral, contestar as preguntas. Páx. 151 vocabulario. No nº 4 tamén no libro dixital hai unha audición para logo marcar o percorrido e escribir.
Os que non teñades acceso a internet, terán que marcar a 2ª casiña e poñer:
Primeiro, visitan a duna.
Despois van ver a lagoa.
Finalmente, irán á praia.

Inglés. Actividades do Blogue de Sandra

Blogue de Sandra




L. Castelá Páx. 144
Ex. 1 Concordancia do adxectivo.
Ex. 2 Artigo+nome+adxectivo = Una camiseta sucia
Ex. 3 Ajedrez - girasol
Ex. 4 Masculino/femenino. Astronauta subráiase coas 2 cores.

Mate 
Páx. 127. Problemas. Buscar os datos, colocalos, pensar si hai que sumar ou restar e resolver.
Ex. 2 = 106 pezas e 436 alumn@s
Ex. 3 = 247 libros / 190 libros / 247+190=437 libros en total

Páx 145
Ex. 1  Lembrarlles que 1m.= 100 cm. Solucións: 200 cm /400/412/617/124/347/588/767
Ex. 2 Que miren polas táboas pero deben comezar a sonarlles.
Ex. 3 Solucións : 129 / 243 / 168 /173 / 389 / 199 / 193 / 179

L. Galega Páx. 147
Ex. 5 Completar con mp/mb e unir
Ex. 6 Ler e completar coas palabras do recadro.

Ciencias Páx. 136-137
Definición de "solo" e "litosfera". Poden subraiar no libro.
Na plataforma online de Santillana arriba á esquerda poden clicar e aparécelles un terrario con bichos e información sobre eles.
Ex. 1 Pedra, auga, aire e restos de animais e plantas
Ex. 2 En solos húmidos e que sexan ricos en restos de animais e plantas.
Ex. 3 Marcar a parte sólida da Terra e no resumo "O solo"

Bo día a todos e todas!! 

luns, 30 de marzo de 2020

Martes 31 de Marzo

Pensastes que vos iba deixar sós co planning da entrada anterior e que vos apañárades? Algún ou algunha seguro que xa estaba sudando... ji, ji, ji...
Noooooooooon... Traquilos/as... Día a día tentarei ir axudándovos co que programei.
Comecemos:



L. Cast. páx. 134
Ex. 1 Diferenciar sílabas parecidas. Vailles resultar doadas. Podedes xogar con outras que se vos ocurran.
Ex. 2 Separar as palabras. Neste igual algún ou algunha pode ter dificultades. Que se dean conta que cada palabra que separen ten que ter significado ela soa. Si fallan, poden facer algunha máis nunha libreta. Ollo coa caligrafía!! Que as letras vaian dentro da pauta !! (non quero dar nomes...)

Mate. páx 135
Ex. 1 Que debuxen botellas. Poden colorealas de diferente maneira, se queren.
Ex. 2 Cos dedos, que sumen ou resten as decenas e logo que completen as unidades. Si vos prestan atención farano ben. Si non están atentos a como facelo, fallarán. Poñédelles algún exemplo antes nunha libreta ou encerado.
Ex. 3 Algún/algunha non se lembrará. Que repasen a páx. 114 e a 80.
Ex. 4. Lemos amodo entendendo o que lemos. Colocamos os datos. Pensamos si será de sumar ou restar e resolvemos.

L. Gal páx 136-137
Ex. 1 Cravos-clarinete-cruceiro-ciclista-azucre-teclado-regra-iglú-gravata-grúas-globos-grilanda

Ciencias/ Tarefa integrada
Ex. 1 Contar na gráfica de barras os cadradiños
Ex. 2 Colocar números e sumar. Dous xeitos: ou nº grande na cabeza e pequeno nos dedos ou unidades con unidades e decenas con decenas.
Ex. 3 Hai tres osos polares menos
         dous raposos árticos menos
         dúas morsas do Pacífico máis
         unha balea beluga menos
         máis animais terrestres que mariños
         menos animais mariños que terrestres
Os vades guiando para atopar estas respostas.




Ed. Física: Enlace Youtube de Iván ou os meus de baile

Mate páx. 124-125
Algúns/Algunhas viñeron o venres último e xa llo expliquei e as fixemos pero cómpre lembrarlles o concepto de multiplicación: a suma dun mesmo número varias veces. Teñen que preguntarse... Que nº se repite? Cantas veces se repite? 
Os que fixeron as páxinas que as repasen e lles podedes poñer multiplicacións na libreta ou exemplos con obxectos. Teñen todas as táboas na parte de atrás do libro e por suposto poden mirar por elas. Se trata de que se familiaricen.
Páx 126 gráficos de barras. Xa as traballamos anteriormente e non deberían ter problemas.

L. Gal. páx 146
Ex. 1 Maiúscula e punto. Boa letra, sen faltas e sen salirse da pauta.
Ex. 2-3-4 Lembrar substantivos comúns e propios (nomes), singular e plural, individuais e colectivos (repaso páxs. 111-129)

Ciencias páxs. 132-133
Que é un ecosistema. Ecosistemas terrestres e acuáticos. Definición de seres vivos e medio físico. Exemplos de ecosistemas: o bosque. Actividades da 133 moi doadas.


Espero que con todo isto non teñades ningún problema. Si é así, correo electrónico.
Boa noite!!


Non vos asustedes (Planning de toda a semana)

Bo día!!

Xa digo que non vos asustedes porque xa vos mando o planning de toda a semana para que vos organicedes.
Como veredes vai por días, asignaturas e páxinas. Tento recrear un pouco o que sería o noso horario normal con Ed. Física martes e xoves, música o venres...
Para estas dúas asignaturas tedes o enlace que mandou Iván, o mestre de Ed. Física e os bailes que puxen eu no blogue... Si queredes a maiores, máis material deste tipo, pedídemo polo correo.
Parece moito pero de verdade que é bastante menos do que teriamos que facer se houbese clase normal e xa compaxino lecturas con traballo de escribir que tería que ir todo xunto.
Bueno, si tedes queixa ou vos parece moito, mandádeme un correo.

Hoxe aproveitei para mandarvos o libro do Tema 5 que tiñamos sin rematar e, si vos parece, imos comezar por aí, tanto os de 1º como os de 2º.

O mércores, 1º comezará co Tema 6 e o xoves o farán os de 2º.

En 2º ibamos con algo máis de retraso e non vos programei nada de inglés. Os que queiran, e como traballo a maiores, poden mirar actividades de Sandra no seu blogue e/ou facer as tarefas integradas das páxinas 140-141-142-143 do Tema 5. Dígoo porque hai nen@s que devoran o traballo e sempre queren máis pero a outr@s vailles chegar abondo con isto.

Moito ánimo!!


PROGRAMACIÓN DA 1ª SEMANA

SEMANA 1 (30 de marzo ao 3 de abril)
L. Castelá
Mate
L. Galega
Ciencias
LUNS




MARTES
(Tema 5) 134
135
136-137
Ed. Física
MÉRCORES
(Tema 6) 138-139-140-141
144-145
150-151
Inglés
XOVES
142-143
148-149
152-153
Ed. Física
VENRES
146-147
Música
154-155
156-157



SEMANA 1 (30 de marzo ao 3 de abril)
L. Castelá
Mate
L. Galega
Ciencias
LUNS




MARTES
Ed. Física
(Tema 5) 124-125-126
146
132-133
MÉRCORES
144
127-145
147
136-137
XOVES
(T6) 148-149-150-151
154-155
162-163
Ed. Física
VENRES
152-153
158-159
Música
168


domingo, 29 de marzo de 2020

Enlaces e bailes para facer mañá

Como a maioría de familias non recolleu os libros no cole, por si algunha o quere facer mañá, non comezamos co libro de texto ata pasado, martes.
Para mañá, daquela, vos mando uns enlaces de materia por curso para que fagan na casa e outros baileciños para que non se estresen.
Ánimo!!

1º Matemáticas

1º Lengua Castellana



2º Matemáticas

2º Lengua Castellana


Bailes:

Frozen

Disney party

Mary Poppins

Cenicienta

Piratas

Baby Shark

Happy

Reto para los niños

Aviso importante para mañá luns 30.

Ola de novo, familias!
As informacións que nos están chegando aos mestres cambian cada día e agora se fala dun confinamento máis longo e dun retraso todavía maior no comezo das clases.
Non é nada seguro, porque non hai confirmación oficial. Pero é por iso que o profesorado estamos moi perdidos e desorientados en canto a como levar isto e como facer para, entre todos, seguir coa educación do noso alumnado.

Mañá comezan unhas restriccións todavía máis duras pero fuentes non oficiais din que unicamente neste día os mestres nos podemos acercar aos coles polo tema de recoller materiais para a avaliación.
Si me deixan, vou intentar subir de novo e prepararvos "todos" os libros xa do curso polo que poida vir. Así, si contabades ir a buscalo libro do Tema 6, xa levades todo, polo que poida pasar. Si a cousa vai para largo xa o tedes todo na casa e si non é así (ogallá), con traelo de volta cando remate todo... pois listo.

Sinto non telo pensado antes, pero e que en 2 días as infomacións cambiaron por completo: 1º non se podía adiantar materia, logo sí e logo parece que todo o curso vai ser a distancia (ou polo menos moito máis do que se esperaba). Creo que os que mandan non teñen nada claro como van facer, pero mentres nos tolean.

As familias que xa viñeron a buscar o libro do Tema 6, si non vos custa volver mañá a buscar os outros, perfecto. Sinón, volo acerco eu cando baixe para casa porque todas vivides de camiño (máis ou menos).
O que sí, mañá é o último día, en principio, que vai estar Mari e o cole aberto polas restriccións que falei antes e que lle afectan agora a ela. Así que os que queirades vir, só poderedes facelo mañá i eso, coma min, baixo risco de multa (teriades que explicar a que vades e que vos valga a excusa).

Non me cansarei de dicir que todo isto é "VOLUNTARIO". Non hai obriga ningunha. E tedes a plataforma de Santillana online para seguir o libro (agás quen non teñades internet).

Sinto tolearvos pero e que nos tolean a nós tamén. E sinto a parrafada.
Iso, mañá os que queiran que pasen a recoller os libros. Logo diso polo blogue e polo abalar móbil porei as tarefas por día.

Ah! e xa o puxo a dire na páxina web do cole. O venres se mandan as notas da 2ª avaliación polo Abalar móbil. A min séguenme figurando varias familias que non o teñen instalado. Si tedes xeito de avisalas para que o instalen... eu tentarei chamarvos mañá dende o cole a cada unha para contarvos todo isto.

Un saúdo e boa noite.

venres, 27 de marzo de 2020

Recollida de libros e enlaces do cole

Bo día!!

Algunhas familias xa viñeron hoxe a buscar o libro do Tema 6. Non vos agobiar que podedes vir para a semana cando queirades (lembrade: de 9 a 13 h.) ou seguilo a través do libro dixital de Santillana (e todo segue a ser voluntario).
Tamén ides levar o libro de Pinto e Chinto para que os rapaces e rapazas o vaian lendo, xa que en principio ían vir a finais de abril. Tal e como están as cousas non creo nin que se reanuden as clases nin que poidan vir, pero por si acaso... É un libro moi divertido para entreterse e disfrutar!!

Mándovos unha serie de enlaces que podedes utilizar, ver, curiosear... aínda que non sexades alumnado que saia a esas clases. 
O de orientación e o de Ed. Física llo recomendo a toda a familia e nos de P.T e A.L. tedes material que vos vale a quen saídes a esas sesións pero tamén aos que non o facedes.

Un bico a todos e todas!! Bótasevos de menos!!



Enlace da páxina de Orientación do cole



Enlace á parte de Audición e Linguaxe do cole


Enlace ao blogue de Mª Carmen de Pedagoxía Terapéutica


Enlace ao blogue de Relixión de Cris


Enlace a un vídeo de Ed. Física para facer na casa



De inglés (aínda que xa o puxen noutra entrada)



xoves, 26 de marzo de 2020

Traballo para a semana que ven


Estuven falando con Bea de por onde van ir os tiros coa continuidade do curso e en vista de que esto vai para largo a ver que vos parece ir adiantando materia (o Tema 6 pra rematar o 2º trimestre).
Ademais hai familias que me comunicaron que teñen problemas co acceso a internet e lles custa seguir o blogue polo que co libro de texto lles sería máis doado.

Mañá vou ir ao cole para deixarvos a cada familia o libro do Tema 6 e que o recollades quen queirades e cando queirades (en horario de mañá, que está Mari, dende mañá mesmo, calquer día laborable). Quen non queira ir a buscalo, tamén pode seguilo polo libro dixital de Santillana, na web (aínda que máis doado é co libro físico porque senón terían que facer todo nunha libreta). 

1º e 2º son uns cursos baixos, no que non van ter problema para seguir a materia e se o teñen llo podedes explicar vós, e así non estamos repasando sempre o mesmo e poden alo menos rematar os contidos do 2º trimestre para ver que ocorre logo co resto do curso.

Calquera dúbida me podedes escribir a través deste blogue, do meu correo davidlopez@edu.xunta.es ou do abalar móbil. Non vos cortedes.

Irei pouco a pouco para non saturarvos e cada día porei aquí e máis no abalar móbil o do día seguinte. Logo vós vos organizades.
Será cada día un par de páxinas de cada asignatura.
Pensámolo para aproveitar mellor o tempo e que non perdan tanta materia.
A ver como vai.
Moito ánimo e para a semana empezamos.
Unha aperta enorme dende o confinamento!!

Últimas fichas de repaso de 2º do Tema 5 (L. Galega)

Van as últimas fichiñas que nos quedaban de repaso do Tema 5. Só de Lingua Galega.





Últimas fichas de 1º do Tema 5 (só das linguas)

Van as últimas fichiñas que nos quedan do repaso do Tema 5.



















mércores, 25 de marzo de 2020

Cousiñas para diverstirse (Ed. artística)

Non todo vai ser traballar!
A ver que vos parecen estes enlaces:


1.- Para debuxar e pintar




2.- Para aprender un truco de maxia!!




3.- Para bailar!!











Deica mañá!!

martes, 24 de marzo de 2020

Fichas L. Castelá, Mate e L. Galega 2º (mércores e xoves)

Ei!!
Que se me esquecía poñervos as fichas pra mañá e pasado por si as queriades imprimir!!
Aí vos van!!

































Fichas L. Castelá, Mate e Galego 1º (mércores e xoves)

Ei!!
Que se me esquecía poñervos as fichas pra mañá e pasado por si as queriades imprimir!!
Aí vos van!!