domingo, 29 de marzo de 2020

Aviso importante para mañá luns 30.

Ola de novo, familias!
As informacións que nos están chegando aos mestres cambian cada día e agora se fala dun confinamento máis longo e dun retraso todavía maior no comezo das clases.
Non é nada seguro, porque non hai confirmación oficial. Pero é por iso que o profesorado estamos moi perdidos e desorientados en canto a como levar isto e como facer para, entre todos, seguir coa educación do noso alumnado.

Mañá comezan unhas restriccións todavía máis duras pero fuentes non oficiais din que unicamente neste día os mestres nos podemos acercar aos coles polo tema de recoller materiais para a avaliación.
Si me deixan, vou intentar subir de novo e prepararvos "todos" os libros xa do curso polo que poida vir. Así, si contabades ir a buscalo libro do Tema 6, xa levades todo, polo que poida pasar. Si a cousa vai para largo xa o tedes todo na casa e si non é así (ogallá), con traelo de volta cando remate todo... pois listo.

Sinto non telo pensado antes, pero e que en 2 días as infomacións cambiaron por completo: 1º non se podía adiantar materia, logo sí e logo parece que todo o curso vai ser a distancia (ou polo menos moito máis do que se esperaba). Creo que os que mandan non teñen nada claro como van facer, pero mentres nos tolean.

As familias que xa viñeron a buscar o libro do Tema 6, si non vos custa volver mañá a buscar os outros, perfecto. Sinón, volo acerco eu cando baixe para casa porque todas vivides de camiño (máis ou menos).
O que sí, mañá é o último día, en principio, que vai estar Mari e o cole aberto polas restriccións que falei antes e que lle afectan agora a ela. Así que os que queirades vir, só poderedes facelo mañá i eso, coma min, baixo risco de multa (teriades que explicar a que vades e que vos valga a excusa).

Non me cansarei de dicir que todo isto é "VOLUNTARIO". Non hai obriga ningunha. E tedes a plataforma de Santillana online para seguir o libro (agás quen non teñades internet).

Sinto tolearvos pero e que nos tolean a nós tamén. E sinto a parrafada.
Iso, mañá os que queiran que pasen a recoller os libros. Logo diso polo blogue e polo abalar móbil porei as tarefas por día.

Ah! e xa o puxo a dire na páxina web do cole. O venres se mandan as notas da 2ª avaliación polo Abalar móbil. A min séguenme figurando varias familias que non o teñen instalado. Si tedes xeito de avisalas para que o instalen... eu tentarei chamarvos mañá dende o cole a cada unha para contarvos todo isto.

Un saúdo e boa noite.