venres, 26 de abril de 2024

SEMENTAR, SEMENTAREI... parte II

 Chegou o día de plantar as nosas sementes, esas que tiñamos xerminando. Con sorte, nunhas semaniñas xa teremos un pequeno limoeiro medrando nos vasiños de iogur. 

🌱🍋

xoves, 25 de abril de 2024

SOMOS UNS ARTISTAS... DE LIBRO!

Xunto cos nosos compis de Infantil, o martes creamos este fermoso mural basándonos nunha proposta de Hervé Tullet.

Pasade polo blog de Infantil se queredes ver o proceso (clic na imaxe). Disfrutámolo moito! 🖌🎨

mércores, 24 de abril de 2024

BOOKTRAILER "Leopoldo, o pequeno monstro"

Xa están dispoñibles no blog da biblioteca de Cusco os booktrailer que preparamos todo o alumnado para o día do libro. Entre eles, poderedes ver de novo o resultado do noso pequeno teatro de títeres!


Ademais, neses días tamén aproveitamos para realizar a nosa propia versión de Leopoldo e Evaristo:






martes, 23 de abril de 2024

luns, 22 de abril de 2024

VISITA DE ESTEFANÍA PADULLÉS - Día do libro 2024

 Como xa vos anunciou Cusco no seu blog, este venres visitounos a ilustradora e escritora Estefanía Padullés. Foi moi interesante coñecer un pouco máis sobre o seu traballo e o proceso de creación de "Leopoldo, o pequeno monstro", o libro que tanto nos gustou. 

Podedes entrar no blog da biblioteca de Cusco para saber máis sobre esta xornada tan especial.

👏📖



xoves, 11 de abril de 2024

PROXIMAMENTE...

 O noso amiguiño Cusco 🐀 estanos preparando unha xornada do máis interesante para a semana que vén. Entrade no blog da biblio e descubriredes de que se trata!

Fai clic!