sábado, 21 de decembro de 2013

Bo Nadal en LSE!!







Os nenos e nenas do primeiro ciclo queremos desexarvos un bo Nadal mediante unhas panxoliñas en lingua de signos!
Felices Festas!!

mércores, 11 de decembro de 2013

O Nadal!




Xa se acerca o Nadal!
Deixámosvos un vídeo sobre un conto de Oscar Wilde para traballar os valores navideños.

mércores, 4 de decembro de 2013

YAIZA, queremos que volvas!!


@s nen@s de primeiro ciclo de Primaria acordámonos moito de Yaiza porque está maliña. Dende o cole mandámoslle un abrazo moi grande e desexamos que se recupere canto antes!!
Querémoste un montón!! Volve pronto!!

venres, 22 de novembro de 2013

Visita a GRANXA O CANCELO!


 

Hoxe fomos de visita a Miño, alí coñecimos a Granxa O Cancelo e aprendimos moitas cousas sobre as granxas de gando vacuno: qué comen as vacas, cómo se ordeñan, qué se fai co leite... e ademáis agasalláronnos cunha degustación de leite e xeados da granxa!

PICASSO, PLÁSTICA e MATEMÁTICAS!!

 
Seguimos traballando as figuras xeométricas a través do arte. Nesta sesión, deixaremos o arte abstracto de KANDINSKY, e faremos unha representación dos elementos do noso entorno mediante o cubismo, da mesma forma que faría o propio PICASSO!!



martes, 19 de novembro de 2013

Restar levando!!



Os de 2º curso comezamos coas restas levando! Déixovos uns enlaces para repasar cómo se fan e poder practicar na casa!!
Tutorial Restas Levando.
Practicamos a Restar Levando.

venres, 15 de novembro de 2013

Día do Peón




O pasado luns fomos de visita a Muimenta para celebrar o Día do Peón!!

venres, 8 de novembro de 2013

KANDINSKY, PLÁSTICA e MATEMÁTICAS!!



Na asignatura de Plástica traballaremos sobre as FORMAS e FIGURAS XEOMÉTRICAS mediante diferentes autores e correntes artísticas. Hoxe coñeceremos a Kandinsky e faremos a nosa propia versión dalgunha das súas obras!

xoves, 7 de novembro de 2013

Coñecemos o medio RURAL e o medio URBANO

@s nen@s do primeiro ciclo estamos coñecendo as diferenzas que existen entre o medio rural e o medio urbano. Deixovos un video sobre este tema.

martes, 29 de outubro de 2013

VISITA Á BIBLIOTECA

Este luns @s nen@s do primeiro ciclo fomos de visita a biblioteca municipal. Alí disfrutamos dunha sesión de contacontos!

domingo, 13 de outubro de 2013

Cantamos no SAMAÍN






Aí vai unhas cancións para o samaín, a petición popular da aula de 1º ciclo...

mércores, 9 de outubro de 2013

O OUTONO


Aquí poderedes repasar todo o que falamos sobre o outono.

SAMAÍN

Animádevos a coñecer máis sobre o Samaín.




Vai chegando o tempo do Magosto...




OS MÚSCULOS E O ESQUELETO

Os de 2º estamos estudando o corpo humano. Velaiquí tedes un lim sobre os músculos.


martes, 8 de outubro de 2013

Educapeques, xogos matemáticos


Imos traballar as matemáticas pero pasándoo xenial. Clicade na foto e veredes...

Os de 1º estamos aprendendo a ler

Aquí vos deixo uns enlaces para repasar de xeito lúdico e divertido a lectura.





 

Somos de 1º ciclo


martes, 10 de setembro de 2013

A VOLTA AO COLE

Empezamos o novo curso con moita ilusión, polo que non vos podedes perder as novidades que nos acompañarán este ano. Estade moi atentos!


mércores, 10 de xullo de 2013

sábado, 15 de xuño de 2013

luns, 10 de xuño de 2013

O Caracol que foi buscar o burato por onde sae o Sol


Carlos, Mari e Javier; graciñas pola vosa colaboración

venres, 7 de xuño de 2013

O Caracol Cardiño



                                          Carlos, Mari e Javier; graciñas pola vosa colaboración

Estamos estudando os animais


mércores, 5 de xuño de 2013

Día do Medio Ambiente

Hoxe 5 de xuño, Día do Medio Ambiente os nenos do cole fomos a Peizás plantar árbores no portal de entrada ás Fragas do Eume pola Capela.





luns, 3 de xuño de 2013

Visitanos a unidade forestal de Ferrol

A unidade forestal de Ferrol encargada de coidar o noso monte visitounos hoxe para ensinarnos a previr o lume no monte. Tamén nos trouxeron o pick up coa mangueira e falamos polos walkies.





mércores, 29 de maio de 2013

TEATRO NO 1º CICLO


"DÚAS HISTORIAS DE CARACOIS", hoxe teatro na biblioteca cos nenos e nenas de 1º ciclo.
Agardamos que vos guste!!!!!!!!!!!!!!!!!!





martes, 28 de maio de 2013

COMICS

Con Iván aprendemos a facer cómics e caras mois simpáticas e monstruosas....






mércores, 22 de maio de 2013

Visítanos Fina Casalderrey

Xoves, 23 de maio de 2013. Visítanos Fina Casalderrey. Agardamos con ansia que chegue.Gustounos moito o seu libro e queremos facerlle moitoas preguntas.

(clicade na foto e saberedes moito sobre Fina Casalderrey)

xoves, 16 de maio de 2013

martes, 14 de maio de 2013

Visita do cole de Meirás...

Click to play this Smilebox slideshow

Exposición sobre o tren en Ferrol

Todo o  primeiro ciclo do cole viaxamos a Ferrol para ver unha exposición sobre o tren.


Click to play this Smilebox photo album

Cultivando cenorias, fabas, lentellas e patacas...

Os de primeiro fixemos unha plantación de cenorias e legumbres... máis adiante... fotos co resultado. Esperemos a que nazan...

Click to play this Smilebox slideshow

Pluviómetros feitos por nós...

Aprendemos a facer un pluviómetro e a medir cada día a auga de chuvia. Fomos meteorólogos durante un mes. Cada día apuntabamos a auga de chuvia, vento, estado do ceo... Somos todos uns expertos.

Click to play this Smilebox slideshow