xoves, 22 de xuño de 2023

Bo verán!!!

          A descansar e desfrutar do verán


 

          Agardámosvos en setembro!!!!!

Os camisetas desteñidas!!

Despois de moitos intentos fallidos, o último día de cole conseguimos vir os tres coa camiseta desteñida e así de guapiños lucíamos.😂😂😂




 

Fin de curso

 Por fin remata o cole!! 

Para celebrar este día primeiro tivemos a actuación do mago Dani que nos deixou coa boca aberta cos seus trucos e despois visitounos Xosé Manuel Ribeira,un constructor de xoguetes, que nos ensinou algunhas das súas creacións.

Por último, compartimos unha merenda na aula con patacas e zumes. 

 


Exposición flora e fauna da nosa contorna.

Para finalizar o proxecto "Coñece a túa contorna" fixemos unha exposición con todos os traballos realizados ao longo do curso. Nós puidemos baixar e observar todo o traballo que fixeron os nosos compañeiros.

 


    Se pinchades aquí  poderedes ver un video da exposición.

Circuíto de educación viaria.

 O martes a policía local de Narón achegouse ata o cole para facer con nós un circuíto de educación viaria. Coñecimos as principais normas que debemos cumplir como peóns e como conductores e despois puxemos en práctica todo o aprendido cos patinetes e coches que trouxeron.
 





martes, 20 de xuño de 2023

Circando


Onte desfrutamos dun espectáculo circense. O noso cole encheuse de humor, malabares, maxia e moita diversión. Rimos a cachón coas ocorrencias de Fran e compañía.😂😂




















Saída a Eumenatura

Como excursión de fin de curso fumos a Eumenatura. Pasamos un día divertidísimo e cheo de chapuzóns.


 

luns, 19 de xuño de 2023

Exhibición da Garda Civil

O mércores día 7 fumos ata As Somozas para ver unha exhibición da Garda Civil. Montamos nos coches, nas motos e deixáronnos probar cascos, chalecos e demais aparellos de protección. Despois vimos como fan rescates e como os cans atopan bombas ou sustancias. Por último, subimos ao helicóptero. 







xoves, 8 de xuño de 2023

Taller de escritura creativa

Coas profes Alba e Sandra estivemos facendo escritura creativa sobre a nosa contorna. Primeiro miramos todas as fotos que temos no cole e escollemos a que máis nos gustou; despois decidimos sobre que elemento da paisaxe íamos escribir e por útlimo fixemos uns pareados ben chulos!!


 
 


Para rematar, os nosos compañeiros de 5º e 6º foron ata a biblioteca para colgar todos os traballos realizados.
 

 

 


martes, 6 de xuño de 2023

Día Mundial do Medio Ambiente

Onte celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente. Nos quixemos poñer o noso grao de area para contribuír a manter limpo o planeta e por iso decidimos facer unha visita ao regato de Mourente e recoller todo o lixo que por alí atopamos. Tamén viñeron os nosos compañeiros de quinto a falarnos da importancia de coidar a Terra pois só temos unha.