xoves, 22 de decembro de 2022

BO NADAL




 










mércores, 21 de decembro de 2022

Alimentación saudable

Estes días nas clases de ciencias estivemos coñecendo cousiñas sobre a alimentación saudable.  Os de primeiro clasificamos alimentos e en segundo traballamos a pirámide dos alimentos e despois imitando a Arcimboldo fixemos o noso retrato con alimentos.



 


 
 
 
 
 

 

luns, 28 de novembro de 2022

DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado venres celebramos o día contra a violencia de xénero. As mulleres da asociación "Cabanas Rural" viñeron ata o noso centro para ensinarnos a facer flores coa folla do millo.

 

 


 
 
 
 
 





 

 



luns, 21 de novembro de 2022

Día dos dereitos da infancia

Onte conmemorouse o día dos dereitos da infancia. Nos vimos algún video sobre este día e fixemos uns bonecos para recordar cales son os nosos dereitos.

martes, 15 de novembro de 2022

Saída a Narón

Hoxe fumos de excursión a Narón; alí visitamos a biblioteca municipal donde nos explicaron como funciona, asistimos a un contacontos e por último os nenos de 3º e 4º léronnos un pouco. Despois de merendar tocounos ir ao teatro e ver a obra "Carabela". Foi unha mañá ben divertida!

venres, 11 de novembro de 2022

Día do Peón

Como cada ano celebramos o día do Peón. Cantamos, bailamos e practicamos o lanzamento do peón. Pasámolo xenial!!

















sábado, 29 de outubro de 2022

Samagosteen

 O venres 28 celebramos no cole o Samaín e o magosto. Decoramos cabazas, viñemos disfrazados e pasámolo xenial cos xogos tradicionais. Tamén comemos castañas!😋😋

 


 

 


 

Knock knock trick or treat

Para dar a benvida ó Samaín aprendimos esta canción en inglés. Pasámolo xenial aprendendo vocabulario novo e bailando.

 



sábado, 30 de abril de 2022

EXCURSIÓN RÍO SESÍN

O venres 29 fomos de excursión pola beira do río Sesín. Disfrutamos moito ao carón da natureza!







23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

O día 22 de Abril visitounos Charo Pita e pasamos un rato moi agradable con ela escoitando os seus contos e bailando as súas cancións.

luns, 21 de marzo de 2022