luns, 16 de xaneiro de 2023

Naturézate

O pasado venres fixemos unha actividade relacionada co noso proxecto "Coñece a túa contorna". Fixemos un taller de estampado de follas de distintas árbores que podemos atopar nas Fragas do Eume. Quedáronnos unhas bolsas ben bonitiñas!