luns, 28 de novembro de 2022

DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado venres celebramos o día contra a violencia de xénero. As mulleres da asociación "Cabanas Rural" viñeron ata o noso centro para ensinarnos a facer flores coa folla do millo.

 

 


 
 
 
 
 





 

 



luns, 21 de novembro de 2022

Día dos dereitos da infancia

Onte conmemorouse o día dos dereitos da infancia. Nos vimos algún video sobre este día e fixemos uns bonecos para recordar cales son os nosos dereitos.

martes, 15 de novembro de 2022

Saída a Narón

Hoxe fumos de excursión a Narón; alí visitamos a biblioteca municipal donde nos explicaron como funciona, asistimos a un contacontos e por último os nenos de 3º e 4º léronnos un pouco. Despois de merendar tocounos ir ao teatro e ver a obra "Carabela". Foi unha mañá ben divertida!

venres, 11 de novembro de 2022

Día do Peón

Como cada ano celebramos o día do Peón. Cantamos, bailamos e practicamos o lanzamento do peón. Pasámolo xenial!!