xoves, 23 de marzo de 2023

Obradoiro STEM

O venres pasado viñeron os rapaces de Gazapo para traballar as habilidades STEM (ciencia tecnoloxía, enxeñería e matemáticas). Explicáronnos como facer un foguete e unha catapulta con materiais que podemos atopar pola casa. Pasámolo xenial!






martes, 14 de marzo de 2023

Emocióna-T

O venres pasado vivimos unha mañá chea de emocións. Todo comezou co roubo das esencias das emocións... O xoves viñeron uns investigadores ao cole e contáronnos que as emocións desapareceran😱




Despois de ver o vídeo propuxéronnos converternos en detectives por un día e axudarlles a atopar os botes coas esencias. Nos aceptamos encantados e o venres pasamos o día facendo probas e resolvendo misterios.


 
 
 

 
 




 

Ó final da mañá descubrimos onde esconderan as esencias e así as emocións volverán a formar parte das nosas vidas. Pasámolo xenial e desde agora somos membros da axencia de detectives ALENTA.

 



 

mércores, 8 de marzo de 2023

8M DÍA DA MULLER

 Hoxe conmemoramos o día da muller cun mural feito por todos os nen@s do cole pero sabemos que homes e mulleres somos iguales, temos os mesmos dereitos e polo tanto, debemos respetarnos todos os días.

Ao longo desta semana estivemos investigando sobre mulleres importantes ao longo da historia e descubrimos que feito importante as levou a facerse famosas. A nós tocoumos Marie Curie e Malala Yousafzai. Tamén lle adicamos unhas palabras de agradecemento a unha muller importante para nós.

 
 





xoves, 2 de marzo de 2023

Como lavar os dentes.

Hoxe viñeron ao cole dúas dentistas que nos explicaron como tiñamos que facer para lavar ben os dentes e non ter caries. Algúns atrevémonos a facer unha simulación cunha boca de xoguete😂. Despois entre todos escollemos que alimentos eran bos para o coidado da boca e cales non tanto. Como o fixemos tan ben déronnos un pequeno agasallo.







Día de Rosalía

O pasado 23 de febreiro conmemorouse o día de Rosalía. Para celebralo elaboramos un mural con fotos de xornais e revistas nos que escribimos o sentimento ou emoción que nos producía dita foto. Este foi o resultado!!