martes, 26 de marzo de 2024

SAÍDA A CEDEIRA

 O venres rematamos o trimestre cunha excursión a Cedeira.

Primeiro visitamos a lonxa, onde nos explicaron como chega e se vende cada día o peixe fresco do mar. Ademais, ensináronnos algúns exemplares de peixe e marisco ben xeitosos!





Despois achegámonos ao Museo Mares de Cedeira. Alí observamos diferentes elementos que forman parte do patrimonio desa vila mariñeira: aparellos de pesca, ferramentas, embarcacións, maquetas, fósiles, cunchas, etc. 

Foi un día estupendo! 

🐙🐚🐟🎣🚢⚓☸🚣






luns, 25 de marzo de 2024

DÍA DOS BOSQUES

O pasado día 21 de marzo celebramos o Día das árbores.

Grazas aos membros do distrito forestal de Ferrol e en especial, a Martín, o papá dunha compi do cole. Coas súas explicacións aprendemos moito sobre as profesións que traballan a diario para protexer a biodiversidade dos bosques.








martes, 19 de marzo de 2024

SEMENTAR, SEMENTAREI... parte I

Nesta semana comeza primavera e polo tanto, a tempada de sementar. Nós xa puxemos a xerminar unhas cantas sementes de limoeiro. 

Primeiro, exprememos uns cantos limóns para coller as sementes. E como no cole non somos de desperdiciar, aproveitamos para facer unha refrescante limoada 😋 

Deixamos secar as sementes durante unhas horas e quitámoslle cunhas pinzas a pel. Logo envolvémola cunha servilleta moi húmida e por encima, papel de aluminio. 

A ver se á volta da Semana Santa están listas para o seguinte paso! 
🌱🍋

venres, 8 de marzo de 2024

DÍA DA MULLER - SEMANA DA PRENSA

Nestes días tivemos dobre conmemoración. 
Por iso estivemos á procura de novas coas que reivindicar o papel das mulleres no deporte cun mural colectivo. Ademais, aproveitamos os xornais usados para realizar unha pequena tarxeta coas cualidades das mulleres das nosas vidas.
♀️📰

domingo, 25 de febreiro de 2024

DIA DE ROSALÍA

Un 23 de febreiro nacía en Galicia unha das escritoras máis importantes da lingua galega e figura clave no uso e defensa do idioma
Xunto cos nosos compis de Infantil, traballamos sobre o poema "Adiós ríos, adiós fontes" para crear un recitado ilustrado.
🌹👏






martes, 13 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024

O tempo non nos acompañou así que en lugar de lucir os nosos traxes ao aire libre, tocou facelo ao cuberto. Aínda así, pasámolo en grande coa actuación en directo do grupo Silbarda, cun desfile improvisado, co agardado xuízo do meco, cunha rica merenda de churros e chocolate e moita moita música, baile e diversión!

 Feliz  Entroido!






martes, 30 de xaneiro de 2024

30 de xaneiro - DIA DA PAZ

Valores como a cooperación, o respecto, a solidariedade, a equidade e a tolerancia acadan un protagonismo especial nun día coma hoxe. Pero os/as nenos/as do cole temos claro que todos os días deberían ser días de paz, nos que convivir e medrar xuntos para ir construíndo pouco a pouco un mundo mellor. 
Feliz día!







luns, 29 de xaneiro de 2024

ÁRBORE DA PAZ E A AMIZADE

Que manualidades tan bonitiñas! E encima reutilizando materiais. Van directas á nosa árbore da paz e a amizade!☮️🕊

Graciñas, familias, pola vosa colaboración. 😉








sábado, 23 de decembro de 2023

FESTIVAL DE NADAL 2023

O xoves celebramos a fin do trimestre cun animado festival de Nadal.🎄

Empezamos cantando e bailando con Paco Nogueiras no seu concerto C@nto contigo.👏🎵



Pero falando de artistas, os/as nenos/as do cole tiñamos preparadas diferentes actuacións: bailes, cancións, obra de teatro, adiviñas, chistes... Foron espectaculares!
Nós ofrecemos un doble pase😉. Primeiro cantamos Santa is his name-o 🎅 e un pouco máis tarde, A luz do Nadal. 💫


Tamén houbo tempo para varias sorpresas: 
🎁📖Cusco deixara preparados uns agasallos para os/as finalistas do concurso de slogans de animación á lectura e para a gañadora. Parabéns, Andrea! 
👑🍬Recibimos a visita dos Reis Magos, con caramelos incluídos.
☕🍰😋E finalmente tomamos unha riquísima merenda acompañados das familias.


Foi un día xenial! Vémonos o 8 de xaneiro!
 


xoves, 21 de decembro de 2023

XOGOS LECTURA E ESCRITURA - 2º

XOGOS LECTURA E ESCRITURA - 1º PRIMARIA

Outros cantos xogos, desta vez relacionados coa lectura e escritura. Polo de agora non hai moitos no taboleiro, pero irán aparecendo máis.

luns, 18 de decembro de 2023

QUE FRÍOOOO!

Co frío detes días é moi fácil quedarse conxelado... ⛄😉😄




xoves, 30 de novembro de 2023

XOGOS MATEMÁTICAS - 2º PRIMARIA

 Aquí podedes practicar os/as de 2º. Lembrade que tamén podedes utilizar os xogos de 1º...

XOGOS MATEMÁTICAS - 1º PRIMARIA

Aquí tedes xogos de matemáticas para 1º de primaria. Nos vindeiros días engadirei outros para 2º. Poderedes acceder a eles nesta entrada do blog ou buscándoo na columna da marxe dereita.

sábado, 25 de novembro de 2023

25 N - TRAVESÍA UNICORNIO E LENTES DE CORES

Con motivo do Día contra a Violencia de Xénero, o concello da Capela ofreceunos dúas estupendas actividades. 

O xoves disfrutamos dunha actuación a cargo do Teatro dos Ghazafelhos. A obra, chamada "Travesía Unicornio" foi ben divertida, pero á vez puidemos reflexionar sobre o valor da amizade, o respecto ás diferenzas entre as persoas e os roles de xénero. Todas e todos podemos chegar a onde nos propoñamos, sen que ninguén nos diga quen ou como ser ou o que nos debe gustar. 👏






O venres, contáronnos a historia do libro 
"El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa". 
Despois dunha pequena asemblea na que cavilamos en que as cores (e moitas outras cousas) non teñen xénero, decoramos unhas lentes fabulosas para ver o mundo de todas as cores... ou da que prefiramos! 





Por se fose pouco, ao final do día levamos un xenial agasallo! 


 Graciñas ao concello de A Capela!