martes, 31 de marzo de 2020

Mércores 1 de abril

Mi madriña!! Xa é 1 de abril? Veña que esto pasa voando!
E que toca para hoxe? Como vos iría onte?
Pois para hoxe...



Comezamos co Tema 6 (Libro 6). Si a algún vos quedou algunha actividade do libro 5 por facer porque faltastas, tamén o podedes ir facendo.

L. Castelá Páx. 138-139 
No libro dixital de Santillana tedes acceso a un vídeo de 3 min. ao que debedes prestar atención para contestar logo na páx. 139. Os que non teñades acceso a internet ou lles facedes preguntas de xeito oral sobre o que ven ou pasades destas páxinas.
Páx 140-141 Lectura en voz alta. É bastante longa pero hoxe só é iso. Na clase a fariamos entre todos. Que lean e logo lles podedes facer preguntas para ver se a entenderon. Igual logo a algún ou algunha lla tedes que releer vós para que capten todo.

Mate Páxs. 144-145. Medida de peso. O Kg. Creo que é moi sinxelo. Podedes relacionar co peso de cousas que teñan arredor, co seu propio peso... falade sobre isto.

L. Galega Páxs. 150-151. Vídeo no libro dixital sobre As dunas de Corrubedo. De xeito oral, contestar as preguntas. Páx. 151 vocabulario. No nº 4 tamén no libro dixital hai unha audición para logo marcar o percorrido e escribir.
Os que non teñades acceso a internet, terán que marcar a 2ª casiña e poñer:
Primeiro, visitan a duna.
Despois van ver a lagoa.
Finalmente, irán á praia.

Inglés. Actividades do Blogue de Sandra

Blogue de Sandra




L. Castelá Páx. 144
Ex. 1 Concordancia do adxectivo.
Ex. 2 Artigo+nome+adxectivo = Una camiseta sucia
Ex. 3 Ajedrez - girasol
Ex. 4 Masculino/femenino. Astronauta subráiase coas 2 cores.

Mate 
Páx. 127. Problemas. Buscar os datos, colocalos, pensar si hai que sumar ou restar e resolver.
Ex. 2 = 106 pezas e 436 alumn@s
Ex. 3 = 247 libros / 190 libros / 247+190=437 libros en total

Páx 145
Ex. 1  Lembrarlles que 1m.= 100 cm. Solucións: 200 cm /400/412/617/124/347/588/767
Ex. 2 Que miren polas táboas pero deben comezar a sonarlles.
Ex. 3 Solucións : 129 / 243 / 168 /173 / 389 / 199 / 193 / 179

L. Galega Páx. 147
Ex. 5 Completar con mp/mb e unir
Ex. 6 Ler e completar coas palabras do recadro.

Ciencias Páx. 136-137
Definición de "solo" e "litosfera". Poden subraiar no libro.
Na plataforma online de Santillana arriba á esquerda poden clicar e aparécelles un terrario con bichos e información sobre eles.
Ex. 1 Pedra, auga, aire e restos de animais e plantas
Ex. 2 En solos húmidos e que sexan ricos en restos de animais e plantas.
Ex. 3 Marcar a parte sólida da Terra e no resumo "O solo"

Bo día a todos e todas!!