xoves, 26 de marzo de 2020

Traballo para a semana que ven


Estuven falando con Bea de por onde van ir os tiros coa continuidade do curso e en vista de que esto vai para largo a ver que vos parece ir adiantando materia (o Tema 6 pra rematar o 2º trimestre).
Ademais hai familias que me comunicaron que teñen problemas co acceso a internet e lles custa seguir o blogue polo que co libro de texto lles sería máis doado.

Mañá vou ir ao cole para deixarvos a cada familia o libro do Tema 6 e que o recollades quen queirades e cando queirades (en horario de mañá, que está Mari, dende mañá mesmo, calquer día laborable). Quen non queira ir a buscalo, tamén pode seguilo polo libro dixital de Santillana, na web (aínda que máis doado é co libro físico porque senón terían que facer todo nunha libreta). 

1º e 2º son uns cursos baixos, no que non van ter problema para seguir a materia e se o teñen llo podedes explicar vós, e así non estamos repasando sempre o mesmo e poden alo menos rematar os contidos do 2º trimestre para ver que ocorre logo co resto do curso.

Calquera dúbida me podedes escribir a través deste blogue, do meu correo davidlopez@edu.xunta.es ou do abalar móbil. Non vos cortedes.

Irei pouco a pouco para non saturarvos e cada día porei aquí e máis no abalar móbil o do día seguinte. Logo vós vos organizades.
Será cada día un par de páxinas de cada asignatura.
Pensámolo para aproveitar mellor o tempo e que non perdan tanta materia.
A ver como vai.
Moito ánimo e para a semana empezamos.
Unha aperta enorme dende o confinamento!!