luns, 30 de marzo de 2020

Martes 31 de Marzo

Pensastes que vos iba deixar sós co planning da entrada anterior e que vos apañárades? Algún ou algunha seguro que xa estaba sudando... ji, ji, ji...
Noooooooooon... Traquilos/as... Día a día tentarei ir axudándovos co que programei.
Comecemos:



L. Cast. páx. 134
Ex. 1 Diferenciar sílabas parecidas. Vailles resultar doadas. Podedes xogar con outras que se vos ocurran.
Ex. 2 Separar as palabras. Neste igual algún ou algunha pode ter dificultades. Que se dean conta que cada palabra que separen ten que ter significado ela soa. Si fallan, poden facer algunha máis nunha libreta. Ollo coa caligrafía!! Que as letras vaian dentro da pauta !! (non quero dar nomes...)

Mate. páx 135
Ex. 1 Que debuxen botellas. Poden colorealas de diferente maneira, se queren.
Ex. 2 Cos dedos, que sumen ou resten as decenas e logo que completen as unidades. Si vos prestan atención farano ben. Si non están atentos a como facelo, fallarán. Poñédelles algún exemplo antes nunha libreta ou encerado.
Ex. 3 Algún/algunha non se lembrará. Que repasen a páx. 114 e a 80.
Ex. 4. Lemos amodo entendendo o que lemos. Colocamos os datos. Pensamos si será de sumar ou restar e resolvemos.

L. Gal páx 136-137
Ex. 1 Cravos-clarinete-cruceiro-ciclista-azucre-teclado-regra-iglú-gravata-grúas-globos-grilanda

Ciencias/ Tarefa integrada
Ex. 1 Contar na gráfica de barras os cadradiños
Ex. 2 Colocar números e sumar. Dous xeitos: ou nº grande na cabeza e pequeno nos dedos ou unidades con unidades e decenas con decenas.
Ex. 3 Hai tres osos polares menos
         dous raposos árticos menos
         dúas morsas do Pacífico máis
         unha balea beluga menos
         máis animais terrestres que mariños
         menos animais mariños que terrestres
Os vades guiando para atopar estas respostas.




Ed. Física: Enlace Youtube de Iván ou os meus de baile

Mate páx. 124-125
Algúns/Algunhas viñeron o venres último e xa llo expliquei e as fixemos pero cómpre lembrarlles o concepto de multiplicación: a suma dun mesmo número varias veces. Teñen que preguntarse... Que nº se repite? Cantas veces se repite? 
Os que fixeron as páxinas que as repasen e lles podedes poñer multiplicacións na libreta ou exemplos con obxectos. Teñen todas as táboas na parte de atrás do libro e por suposto poden mirar por elas. Se trata de que se familiaricen.
Páx 126 gráficos de barras. Xa as traballamos anteriormente e non deberían ter problemas.

L. Gal. páx 146
Ex. 1 Maiúscula e punto. Boa letra, sen faltas e sen salirse da pauta.
Ex. 2-3-4 Lembrar substantivos comúns e propios (nomes), singular e plural, individuais e colectivos (repaso páxs. 111-129)

Ciencias páxs. 132-133
Que é un ecosistema. Ecosistemas terrestres e acuáticos. Definición de seres vivos e medio físico. Exemplos de ecosistemas: o bosque. Actividades da 133 moi doadas.


Espero que con todo isto non teñades ningún problema. Si é así, correo electrónico.
Boa noite!!