venres, 27 de marzo de 2020

Recollida de libros e enlaces do cole

Bo día!!

Algunhas familias xa viñeron hoxe a buscar o libro do Tema 6. Non vos agobiar que podedes vir para a semana cando queirades (lembrade: de 9 a 13 h.) ou seguilo a través do libro dixital de Santillana (e todo segue a ser voluntario).
Tamén ides levar o libro de Pinto e Chinto para que os rapaces e rapazas o vaian lendo, xa que en principio ían vir a finais de abril. Tal e como están as cousas non creo nin que se reanuden as clases nin que poidan vir, pero por si acaso... É un libro moi divertido para entreterse e disfrutar!!

Mándovos unha serie de enlaces que podedes utilizar, ver, curiosear... aínda que non sexades alumnado que saia a esas clases. 
O de orientación e o de Ed. Física llo recomendo a toda a familia e nos de P.T e A.L. tedes material que vos vale a quen saídes a esas sesións pero tamén aos que non o facedes.

Un bico a todos e todas!! Bótasevos de menos!!



Enlace da páxina de Orientación do cole



Enlace á parte de Audición e Linguaxe do cole


Enlace ao blogue de Mª Carmen de Pedagoxía Terapéutica


Enlace ao blogue de Relixión de Cris


Enlace a un vídeo de Ed. Física para facer na casa



De inglés (aínda que xa o puxen noutra entrada)