martes, 24 de marzo de 2020

"Aprendemos en casa" e "Educlan"

Para quen non o saiba, RTVE e o Ministerio de Educación, puxeron en marcha dende o luns a iniciativa "Aprendemos en casa" dirixida a escolares de 6 a 16 anos para facilitar a aprendizaxe durante a suspensión da actividade lectiva.

Todas as mañás, de luns a venres, tedes 1 hora no canal de Clan de RTVE de contidos educativos. Póñovos o horario:




Si é moito madrugar, podedes despois acceder a estes contidos tamén na páxina web:


https://www.rtve.es/infantil/series/aprendemos-casa-6-8/


A maiores, familias, poderedes atopar vídeos sobre as principais áreas curriculares. Déixovos o enlace para calquera idade e logo vós xa seleccionades. Trátase de "Educlan":


https://www.rtve.es/educlan/


Tamén, na propia páxina do canal Clan, tedes series, un apartado de inglés e xogos moi divertidos... que seguro lles encantan aos meus pelouciños e pelouciñas (decídelles que lles chamei así, que van rabear)


https://www.rtve.es/infantil/


A disfrutar destes contidos e sobrelevar a cuarentena!!
Mañá máis!!
Un bicasso para tod@s!!