mércores, 5 de abril de 2023

Excursión a Ferrol

O xoves 30 visitamos a lonxa e o porto interior de Ferrol. Dous axentes da policía portuaria ensináronnos o centro de control, dende donde vixian todo o que ocorre no porto. Tamén puidemos ver as maniobras que teñen que facer os barcos para poder atracar no peirao.

Despois desta visita chegou o momento que levabamos agardando toda a mañá. O "Rías Altas Un" agardaba no Porto de Curuxeiras para levarnos de paseo pola Ría de Ferrol. Puidemos ver a Base Naval da Graña, os castelos de San Felipe e a Palma, o porto de Mugardos e o porto exterior de Ferrol. Queremos repetir!!