sábado, 4 de abril de 2020

Cousiñas para Semana Santa

Bo día!!
Veña que comezamos as vacacións!! Menudas vacacións, estaredes dicindo... este profe...
Pois hai que intentar pasalo o mellor posible!
Polo de pronto abur ao libro ata dentro dunha semana... algo xa é!
Pero por si vos aburrides, vouvos deixar material de todo tipo relacionado co cole, pero máis ameno, creo eu... por suposto si o outro era voluntario este moito máis pero como isto é máis divertido... igual ata o queredes facer e todo! Polo menos algunha cousa!!

Comezamos. Vai ser un batiburrillo de cousas (preguntádelle a mamá ou papá que é un batiburrillo) e vai ser apropiado para os dous cursos. Espero que vos guste:

Debuxo do arco da vella
Consiste en que descarguedes este debuxo para dar ánimos a toda a comunidade educativa. Tedes que colorealo, poñerlle mensaxes de alento nas nubes ou fóra...
 Logo os vosos papás ou mamás o escanearán ou lle sacarán unha foto e mo enviarán (vía email) i eu colgareinos no blogue de 1º e 2º. Que vos parece? Así poderedes ver que fixo cada un e ver como quedaron os vosos. Gústavos?




Actividade de biblio para Cusco
Cusco quedou atrapado no cole e claro, como non ten que facer, argallou unha actividade para ir facendo antes do vindeiro 23 deste mes, que é o "Día do libro". 
Consiste en que fagades un marcapáxinas. Explícavos todo nunha carta na que veñen as instruccións e máis o formato do marcapáxinas. 
Está no blogue da biblio, onde tedes iso e moitas outras cousas (pobre Cusco que quedaría no cole sin enterarse de nada! Menos mal que pode ir á cociña ou á despensa e coller algo pra comer...).
Déixovos o enlace á carta e ao marcapáxinas:

Blog de biblioteca de Cusco



Un par de contos:
Aquí tedes un par de contos que sei que vos encantan en youtube:

A toupiña que quería saber...

A bruxa regañadentes

E estoutro que o fixo un rapaz que veu comigo en clase cando eramos pequenos e que agora se fixo escritor de contos infantís. Vedes para que serve aprender ben a ler e escribir? Eh, Manu?? Si, é de ler, pero é moi curtiño.

O peixiño de prata

Batería de xogos para facer na casa
Un montón de ocurrencias que podedes facer para pasar o tempo. Ao final, aparecen máis por idades

101 xogos para facer na casa

3 contos para ler.

Leotolda

En familia

Pájaro amarillo


Un vídeo para aprender a debuxar animais a partir dunha man.

Vídeo para debuxar animais


Un par de cadernos para 1º e 2º de matemáticas

Caderno de 1º

O de 2º ten algún exercicio un pouco máis complicado do que facemos nós, pero outros moi válidos...

Caderno de 2º



APP de Santillana chamada "Pupitre"

Estuven buscando e tedes unha aplicación de Santillana chamada "Pupitre" que está bastante ben. O único malo é que separa en franxas de idade de 6 a 8 anos e habería contidos que non valerían para os nosos nenos e nenas por ser de 3º, pero si lles vades marcando vós que facer, teñen actividades de varias asignaturas para facer dun xeito bastante lúdico.
Só vale para dispositivos móbiles: "Tablet ou móbil".
Teriades que ir a "Google Play" (Android) ou "App Store" (Apple) e descargala. Buscades "Pupitre". Polo que vin, agora é gratuíta.




Nada máis. Si queredes, a metade de semana, vos mando máis historias. Así, as tedes aí. Si as queredes usar ben, e senón, tamén.
Procurade pasalo o mellor posible e non agobiarvos.
Un bicasso enorme para tod@s!!