luns, 13 de abril de 2020

Martes 14 de abril

Na entrada anterior fíxenvos o planning de toda a semana. Dígovolo porque igual pensades que só puxen esta entrada e está ben que leades tamén a anterior.

Comezamos:



L. Castelá Páxs 160-161
Lectura e preguntas de comprensión de texto sobre a mesma. Se pode escoitar no libro dixital e hai unha actividade online de ordenar oracións.

Mate Páx 162
Restas de 2 cifras. Importante que aprendan a empezar 1º polas unidades e logo facer as decenas. Agora non tería importancia porque son sin levar pero é mellor que o aprendan xa así. Hai unha actividade no libro dixital.
A quen lle pareza pouco traballo, pode poñer máis a maiores das do libro.

Ed. Física
Enlace de Youtube para actividades físicas para facer na casa deseñadas por unha mestra de Ed. Física. Hai varias sesións ordenadas para elexir e así xa vos queda para poder continuar con elas o xoves.

Actividades físicas


Ciencias Páx 158-159
Rochas, minerais e area. Explicar que as rochas están compostas de minerais e que a area son fragmentos destes. 
Pegar os recortables, facer a actividade 2 (Están no deserto/De barro/Pola cor/Non porque hai pouca vexetación). Hai 2 actividades pra facer online.



L. Castelá Páxs 156-157
Ler e logo escoitar no libro dixital o diálogo. Facer o exercicio 2 e 3. No 2 hai unha actividade online e no 3 ollo porque haberá nenos/as que lles vai custar separar as palabras un montón. Cada palabra ten que ter significado ela soa, que relean moito.

Mate Páx 160
Repaso do concepto de multiplicación (suma varias veces dun mesmo nº). Ex. 1 ten 2 actividades online no libro dixital.
Teñen a táboa do 3 na parte de atrás do libro. Sei que é pouco. Quen queira facer máis que lle poña multiplicacións da táboa do 2 e do 3 a maiores e por suposto, as poden aprender de memoria.

Ed. Física
Enlace de Youtube para actividades físicas para facer na casa deseñadas por unha mestra de Ed. Física. Hai varias sesións ordenadas para elexir e así xa vos queda para poder continuar con elas o xoves.

Actividades físicas


Ciencias Páx. 169
O sistema solar. Deben aprender os nomes dos 8 planetas. Podédeslles falar de Plutón, que antes se pensaba que era do sistema solar e agora considérase que non.
Hai unha actividade no libro dixital para que coñezan algunha característica de cada planeta.
Déixovos uns enlaces a youtube cuns vídeos para que o aprendan mellor. Co 1º é suficiente:



No resumo deben riscar satélite/auga/pequenas/dez.

Nada máis. Calquera dúbida, polo correo.
Boa noite!!