mércores, 15 de abril de 2020

Xoves 16 de abril

Veña que xa logo vai a semana!!
Como o levades? Estades caladiños/as coma petos... Ninguén protesta, ninguén se queixa...
Pois imos logo co xoves:



L. Castelá Páx. 165
Ex. 4 Audición e rodear as palabras con FL. 
Ex. 5 Ler e poñer os nomes (con maiúscula!). Hai actividade online no libro dixital.

Mate Páx. 166
Problemas. Ler ben os enunciados e ir enchendo os ocos. Os 2 son restas. No 1º que coloquen ben a resta (unidades debaixo de unidades) para facela e no 2º tamén.
Hai unha actividade doutro problema online a maiores no libro dixital.

L. Galega Páx 175
Sobre a lectura de onte que a poden releer, facer os exercicios:
Ex. 2 Arrodear de vermello o 2º parágrafo, de azul o 3º e de verde o 4º
Ex. 3 Ler e marcar e colorear a 1ª oración e o 1º debuxo. Ten actividade online cunha "fervenza".
De xeito oral contestar ás preguntas de abaixo.

Ed. Física

Actividades físicas



L. Castelá Páx. 176
Facer a lectura do poema, marcar no nº 2 a 2ª casilla e rodear os nomes de 6 animais. Pódese escoitar online.

Ed. Física

Actividades físicas

L. Galega Páxs 166-167
Sobre a lectura de onte, contestar preguntas de comprensión lectora.
Ex. 1 A 3ª porque está a lúa chea.
Ex. 2 Unha gran moeda prateada/O reflexo da lúa/Seis monos/Que a póla esgazou do tronco e os monos e máis o rei caeron á auga.
Sempre comezando por maiúscula, boa letra, separando ben as palabras e rematando en punto.
Ex. 3 Libre
Vocabulario: Rodear imprudente e autoritario/obedientes e submisos.
Colorear igual refulxente e resplandecente/intranquilo e nervioso/estrépito e estrondo/esgazar e romper.
Ex. 4 Lectura. Podedes darlle a réplica e logo intercambiar os personaxes.

Ciencias Páxs 172-173
Fenómenos atmosféricos e a súa definición: Vento (brisa, furacán, catavento), precipitacións (chuvia, neve, sarabia, pluviómetro), arco da vella e tormentas (diferenza entre raios ou lóstregos e tronos). Aprender estas definicións.
Ex. 1 Sarabia/neve/chuvia
Ex. 2 Porque non vai vento.
Ex. 3 Marcar a 1ª e a 3ª
Resumo Fenómenos atmosféricos: Vento/Precipitacións/Arco da vella/Tormentas

Nada máis. 
Bo día a todos e todas e un bico enorme para os meus pelouciños e pelouciñas!!