martes, 7 de abril de 2020

Nova argallada!!

Dende o cole queremos proporvos unha nova argallada,  rapaces e rapazas...
Queremos facer un vídeo de toda a comunidade educativa de apoio e ánimo onde nos podamos ver todos nas nosas casas facendo algo durante o confinamento.

Si queredes participar tendes que enviarme ao meu correo
davidlopez@edu.xunta.es
un par de fotos ou un vídeo curtiño (entre 15 e 20 segundos) de cada un de vós facendo algunha actividade na casa nesta cuarentena.

Podedes sacar as fotos ou o vídeo facendo un debuxo, ou cociñando, ou facendo actividade física, ou xogando a algo, ou facendo a cama, ou poñendo a mesa, ou traballando no horto si tedes, ou planchando, ou pintando o salón con permanente, ou cambiando a bañeira por un plato de ducha... (buff... creo que ao profe se lle está indo a cabeza neste confinamento...) facendo o que queirades e que vos pareza divertido!!

Tendes ata o luns día 13 para mandarmo.

Logo, o noso equipo de TICS fará a montaxe con todo o que recibamos de todos os nenos e nenas do cole que nolo manden, poñéndolle unha música e listo! O resultado exporase na páxina web da escola onde poderedes descubrir que fai todo o mundo nas súas casas e poderemos voltar a vernos as caras todos e todas...
Pode ser algo moi chulo e divertido!!
Animádevos!!