sábado, 11 de novembro de 2023

POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO

 Un curso máis, celebramos o Día do Peón da mellor maneira posible: cantando, bailando e xogando! 

Logo de escoitar o pregón a cargo dos compis de 6º, soou a canción "Fago o camiño" (do grupo Ourensóns) proposta por Brinquedia. Podedes escoitala de novo facendo clic aquí

Deseguida fixemos o noso tradicional lanzamento colectivo de buxainas. Nós eliximos probar coas que nos enviaron os/as nenos/as do colexio de Cabanas. 

Agardamos que a eles tamén lles gustaran as nosas!

Despois pasámolo xenial xogando á rá, cos zancos, ao pano e por suposto, a bailar o peón! 



Foi unha xornada estupenda, que rematamos cunhas galletas en forma de peón no comedor. 👏