mércores, 1 de novembro de 2023

CELEBRAMOS O MAGOSTO E O SAMAÍN

Comezamos a xornada con cara de ter pasado unha mala noite...💀👻😱


Pero deseguida recuperamos forzas cando comemos as castañas no recreo. Estaban ben boas! 😋🌰


Así puidemos desfrutar moito máis dos xogos que nos preparou o profe Fer, todos coa castaña tamén de protagonista: a mariola, a bomba, o castañacesto, a culler... 



No descanso, tivemos unha grata sorpresa. Todos/as os/as participantes na exposición de cabazas recibiron un diploma e un pequeno agasallo, premiando tamén a orixinalidade. 👏


 

Ata a sobremesa do xantar foi especial, cunhas deliciosas galletas en forma de gato, cabaza, morcego, etc... Pero o certo é que atendemos máis a comer que a sacarlles foto... 😁