mércores, 21 de maio de 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: Cantareiras

 Este ano tocaba homenaxear á tradición oral, ás cantareiras. As súas cantigas foron pasando de xeración en xeración contribuíndo a manter viva a nosa lingua e cultura.

Logo de investigar un pouquiño na aula sobre o tema, tivemos a oportunidade de disfrutar en directo do talento do grupo de baile galego e pandeireta das clases extraescolares. Tan ben o fixeron, que nos pareceu boa idea que a cantiga chegase a todas as vosas casas por medio do chaveiro impreso en 3D e do código QR que o acompañaba.

Graciñas a Carlos, Bea, Jose e David pola vosa música. Canto bailamos!

E por suposto, graciñas ás nosas cantareiras máis especiais de 1º ciclo: Leila, Sabela, Natalia, Irene, Ángela e Tamara.

👏👏👏👏



xoves, 15 de maio de 2025

DÍA DA FAMILIA - 15 DE MAIO

Seguro que estes imáns ocuparán un lugar especial na porta do frigorífico 😉 

Feliz día, familias!

luns, 12 de maio de 2025

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

Hoxe tivemos unha ansiada visita: Paula Carballeira, a autora do libro que tanto nos gustou ler e comentar en conxunto na aula, "A tartaruga Amodovou". 

Disfrutamos moito coas historias que nos contou e axiña nos cautivou coa súa extraordinaria forma de narralas e de facernos formar parte delas. Ademais, asinou cada un dos nosos libros con dedicatoria incluída. Que ilusión! 

Pola nosa parte, ensinámoslle o traballiño que fixemos entre todo o alumnado do colexio, unha pequena historia dramatizada a partir das personaxes das obras escollidas por Cusco. E cremos que lle encantou! No blog da Biblio poderedes saber máis sobre este día, lembrade pasarvos por alí. 

Foi unha xornada estupenda. 

Gracias, Paula! 👏


domingo, 27 de abril de 2025

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

 A xornada do venres marchamos todos/as do cole para visitar A Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. 

Mentres os/as maiores realizaban unha actividade baseada na experiencia sensorial, nós estivemos no edificio da Biblioteca de Galicia, aproveitando que era a semana do libro. Alí explicáronnos de forma breve que tipo de materiais gardaban, como se debían coidar os libros e de que perigos protexelos e ensináronnos algún sistema de arquivo. Ademais, levamos para a casa un pequeno agasallo.👏

Como nos gusta saír de excursión!



sábado, 26 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

No día do libro disfrutamos da actuación de Leo Leíño "Maxia tola e lectora" Graciñas á Biblioteca Municipal da Capela pola invitación. Gustounos moito!



martes, 1 de abril de 2025

LECTURA COMPARTIDA NA AULA

Formas de ler hai moitas, pero as que máis nos gustan nesta clase son as que se comparten. Por iso, cada semana fomos traendo das nosas casas un conto que nos resultaba especial para ler en boa compañía.

xoves, 27 de marzo de 2025

SAÍDA A FERROL

 O pasado 20 de marzo desprazámonos a Ferrol. 

A primeira parada foi para desfrutar dun concerto da Banda do Terzo Norte. Aprendemos sobre os  instrumentos que usaban, cos cales interpretaron pezas moi coñecidas para nós. Foi moi divertido e ata ofreceron o papel de director a un dos nosos compis de 3º!

Despois dunha breve parada para o tentempé, continuamos a ruta ata o Museo de Historia Natural, onde a monitora nos contou unha chea de interesantes datos sobre a natureza. A sala de ambiente mariño era espectacular e quedamos abraiados cos esqueletos. 

Foi un día xenial. Xa nos tarda a próxima! 👏

domingo, 2 de marzo de 2025

domingo, 2 de febreiro de 2025

DÍA DA PAZ

 O venres, 30 de xaneiro, celebramos o Día escolar da non violencia e a paz.

Canción e baile 





Xogos cooperativos


Obradoiro creativo na biblio



luns, 23 de decembro de 2024

NADAL 2024

Despois de tanto traballar, o trimestre remata como se merece, festexando! 👏🎄



Graciñas á ANPA e ao concello de A Capela pola súa colaboración. 

Lembrade que na páxina web do cole podedes ver de novo as actuacións do festival. Podedes acceder premendo na frecha.

Bo Nadal e feliz 2025

sábado, 7 de decembro de 2024

GÚSTANOS O BO TRATO!

O pasado 25 de novembro, Miriam León compartiu con nós a historia do seu libro "Los superhéroes del cole", co obxectivo de sensibilizar sobre o acoso escolar. O contacontos viña acompañado tamén dunhas orixinais actividades para descubrir unha mensaxe moi importante. Graciñas, ANPA! 


Non importa o xénero, rexeitamos calquera tipo de violencia.

 Nós témolo claro. E vós? 

domingo, 24 de novembro de 2024

"NINJA", TEATRO DOS GHAZAFELHOS

 O pasado venres desprazámonos a Ferrol, á sede Afundación, para desfrutar da obra "Ninja" de Teatro dos Ghazafelhos xunto cos compis de Infantil. 

Esta peza aborda a problemática do acoso escolar a través da historia de Tori, unha nena que quere ser ninja e entrena a diario para pasar desapercibida. Ela descobre outros nenos que queren ser invisibles no colexio para deixar de sufrir acoso e coa axuda do seu veciño, Edelmiro, buscan a forma de dar visibilidade ao que sucede e conseguir cambiar a situación. 


E mentres os nosos compis maiores asistían a outras actividades, nós aproveitamos para xogar e merendar ao aire libre. Que ben o pasamos! 

xoves, 21 de novembro de 2024

XOGAMOS XUNTOS

Ti ensínasme a min, eu ensínoche a ti. De que mellor maneira?



mércores, 20 de novembro de 2024

FELIZ DÍA, CAMPIONAS E CAMPIÓNS!

20 de novembro  -  día  da  infancia 



somos presente, somos futuro

xoves, 14 de novembro de 2024

DÍA DO PEÓN E MAGOSTO

E como xa puidestes ver en directo, os peóns xiraron e xiraron! Aínda que temos que recoñecer que aos do 1º ciclo cústanos un pouco que nos faga caso 😉. Pouco a pouco iremos mellorando a nosa técnica...

Ademais, comemos unhas castañas quentiñas e aproveitamos para xogar ao estilo tradicional. Isto xa se nos daba mellor.👏


domingo, 10 de novembro de 2024

VISITA Á CASA DO CONCELLO DE A CAPELA

 Esta semana realizamos unha visita á Casa do Concello xunto cos nosos/as compañeiros/as de 3º. Alí explicáronnos aspectos moi básicos do seu funcionamento, vimos os espazos máis importantes e ademais, trouxemos un regaliño. Gracias! 

sábado, 9 de novembro de 2024

DÍA DO PEÓN

Achégase o día! Podedes practicar e escoitar a canción "Fago o camiño", do grupo Ourensóns, facendo clic. E a bailar!

venres, 8 de novembro de 2024

BO TRABALLO, COMPI!

 Graciñas pola iniciativa e por compartir a túa investigación con nós. Encantounos coñecer a Conchita, Tom e Jerry e aprender tanto sobre os caracois👏


domingo, 3 de novembro de 2024

SAMAÍN

Tempo de cabazas, de sustos e de conxuros! 🎃







Graciñas familias e ANPA pola vosa colaboración! 👏