mércores, 25 de outubro de 2023

AQUÍ ESTAMOS DE VOLTA... cun CONTACONTOS!

Comezamos a semana coa primeira das actividades para celebrar o día das Bibliotecas no cole. Un curso máis, a Biblioteca Municipal da Capela convidounos a un contacontos ofrecido por Raquel Queizás. As súas historias son garantía de risas, entretemento, aprendizaxe e disfrute por partes iguais. Desta vez, os contos de "A maleta da Avoa" achegáronnos á mitoloxía galega e aos personaxes dos trasnos, mouras e papóns. 

Moitísimas grazas e ata a próxima!