martes, 18 de maio de 2021

ESCAPE ROOM

 O venres 30 de abril, atrevémonos a facer un "escape room" coa axuda de Alba, a Orientadora, por todo o cole.

Resulta que secuestráronnos a Cusco, a Rato (o de amarelo) e ó seu amigo robot e nos deixaron unha morea de pistas e fotos para localizalos...

Estes son, e andiveron por estes sitios (con estas fotos fomos seguindo unha secuencia horaria e localizándoos en cada momento do secuestro):












Comezamos a andaina na nosa aula, lendo e entendendo as regras do xogo para botarnos na busca dos nosos amiguiños coa 1ª pista.





 

Esta levounos ao corredoiro de abaixo onde tivemos que descubrir unha pista coa axuda dos escornabots...







De aí á nosa biblioteca, onde atopamos máis pistas...







E logo ao cuarto de Mari...



ao pavillón...




E ao parque de Infantil...



E de aí as pistas leváronnos á aula de Ed. Infantil onde unha proba consisteu en aplastar globos... co cú!!














Logo... pra a biblio dos maiores!!




Alí tivemos que facer unha pequena clasificacións para levarnos coa derradeira pista a onde estaban secuestrados...



Pero serán??

Os condenados non estaban secuestrados... estaban de papancha na despensa!!



 eles alí quedaron...




pero Polo menos nos deixaron uns agasallos na aula polo esforzo realizado... Menos mal!!