sábado, 6 de febreiro de 2021

E se nos acumula o chollo...

Despois da Paz xa ven o Meco... ou Meca, non sabemos!!

Non vos poño todas as fotos... pero case non houbo ningunha na que algún ou algunha non mirara para ela... por si acaso.

Non me extraña!!

Mira que é fea a miña tía abuela Rosario!! (houbo que dicir que era familia miña, para que non tiveran medo...)

Tamén vos poño un par de fotos cos agasallos que tivemos estes días na clase: 

Un "móvil", pero só de colgar, non de falar e dúas plantas, unha máis viva ca outra pero as dúas igual de fermosas e que acompañan á nosa amiga "Ruperta" que nos ensina os órganos que temos por dentro... Graciñas!!