martes, 22 de abril de 2014

23 de abril - DÍA DO LIBRO

Para celebrar o DÍA DO LIBRO imos desenvolver moitas actividades no cole ao longo desta semana. Nós, dentro da aula, faremos unha exposición titulada "Eu recoméndoche...". Cada neno traerá o seu libro preferido deste útimo ano e compartirao cos compañeiros da aula. Tamén faremos marcapáxinas e leremos para os nosos compañeiros. Esperamos pasalo xenial...