Para celebrar o 8M decidimos sementar lavanda para a muller da nosa vida.
Quen será?
Este ano, no cole, os de primeiro ciclo disfrazámonos dos Peliqueiros de Laza.
Desfrutamos moito preparando as nosas máscaras e disfraces. Fixemos un
pequeno desfile, cos demais compañeiros do cole, para que nos visen as nosas
familias e xogamos un montón todos xuntos.
O primeiro ciclo de primaria e os nenos de infantil saímos a coñecer o Aquarium Finisterrae da Coruña.
Vimos un montón de peixes e coñecemos a Gastón, o tiburón toro do acuario,
e vímolo comer!
Que curta se nos fixo a mañá!
Así despedimos aos nosos pitiños. Vixiámolos moitos días mentres estiveron na incubadora. Vímolos nacer e medrar un montón en pouquiño tempo. Agora téñense que ir a un lugar máis axeitado para seguir medrando.
Onte participamos nun obradoiro organizado pola Deputación da Coruña e impartido por Tamara, membro da Asociación Alados Medioambiente. Primeiro contounos de forma moi amena os rasgos máis característicos das aves rapaces e despois elaboramos uns poliños de curuxa.
Foi moi interesante!🦉👏

Catro ratiños amigos de Cusco viñeron visitarnos hoxe, no noso día especial. Con Ana Meilán a ilusión, a maxia e a diversión están aseguradas. Que máis se pode pedir?
Graciñas á ANPA por este agasallo.
Como cada outubro, Cusco xa nos ten afeitos a celebrar este día ao grande. Houbo de todo: concurso exposición de deseños para atoparlle axudante, agasallos varios (entre deles, a súa famosa galletiña) e unha xenial actividade multinivel coa que nos divertimos e aprendemos a partes iguais.
Para coñecer máis sobre esta xornada, visitade o blog da biblioteca de Cusco (facede clic aquí). En breve estará actualizado.
🐭📖👏
Comezamos cantando e movendo o esqueleto con Gemola, que marcha! 💃
Despois desfrutamos do bo tempo con xogos ao aire libre: colchonetas, xogos de "mesa / campo", tatuaxes, etc. Foi ben divertido! 🌈
Graciñas, ANPA, por facer posible este gran último día do curso!
👏👏👏
O pasado xoves, 5 de xuño, tivemos a visita de varios membros do distrito forestal de Ferrol. Utilizando un conto dos Bolechas, explicáronnos datos moi interesantes sobre os incendios e as tarefas e equipamento necesarios para a súa importante labor, protexer a biodiversidade dos bosques.
Aínda que o tempo non acompañou, aproveitouse tamén para plantar dúas novas árbores no patio, un carballo e máis unha faia.
Que as árbores sempre formen parte das nosas vidas!
Graciñas a todo o equipo e, en especial, a Martín.