xoves, 30 de outubro de 2025

SAMAÍN

Poucos días vimos ao colexio tan... elegantes! 
Pasámolo de medo con visitas sorpresa, contacontos e concurso de decoración de cabazas.

Graciñas ás familias e á ANPA pola colaboración. 👏🎃


mércores, 29 de outubro de 2025

CONTACONTOS CON BEA CAMPOS

Unha orixinal versión de Riciños de ouro, un Cucú-tras cantado e Tío Lobo foron as historias coas que Bea Campos nos fixo desfrutar da lectura e das historias ben contadas. Fantástico!
Graciñas á Biblioteca Municipal da Capela por convidarnos. 
👏

domingo, 26 de outubro de 2025

24 DE OUTUBRO - DÍA DAS BIBLIOTECAS

Como cada outubro, Cusco xa nos ten afeitos a celebrar este día ao grande. Houbo de todo: concurso exposición de deseños para atoparlle axudante, agasallos varios (entre deles, a súa famosa galletiña) e unha xenial actividade multinivel coa que nos divertimos e aprendemos a partes iguais. 

Para coñecer máis sobre esta xornada, visitade o blog da biblioteca de Cusco (facede clic aquí). En breve estará actualizado. 

🐭📖👏

domingo, 19 de outubro de 2025

ACTIVIDADE SOBRE A RECICLAXE

O venres recibimos a visita de Nuria, especialista en xestión medioambiental. Primeiro explicounos o máis importante sobre a reciclaxe e despois propúxonos un xogo no que puidemos desmostrar o atentos/as que estivemos. Graciñas ao concello da Capela por esta actividade.