Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de outubro de 2025

SAMAÍN

Poucos días vimos ao colexio tan... elegantes! 
Pasámolo de medo con visitas sorpresa, contacontos e concurso de decoración de cabazas.

Graciñas ás familias e á ANPA pola colaboración. 👏🎃


domingo, 3 de novembro de 2024

SAMAÍN

Tempo de cabazas, de sustos e de conxuros! 🎃







Graciñas familias e ANPA pola vosa colaboración! 👏

mércores, 1 de novembro de 2023

CELEBRAMOS O MAGOSTO E O SAMAÍN

Comezamos a xornada con cara de ter pasado unha mala noite...💀👻😱


Pero deseguida recuperamos forzas cando comemos as castañas no recreo. Estaban ben boas! 😋🌰


Así puidemos desfrutar moito máis dos xogos que nos preparou o profe Fer, todos coa castaña tamén de protagonista: a mariola, a bomba, o castañacesto, a culler... 



No descanso, tivemos unha grata sorpresa. Todos/as os/as participantes na exposición de cabazas recibiron un diploma e un pequeno agasallo, premiando tamén a orixinalidade. 👏


 

Ata a sobremesa do xantar foi especial, cunhas deliciosas galletas en forma de gato, cabaza, morcego, etc... Pero o certo é que atendemos máis a comer que a sacarlles foto... 😁

sábado, 28 de outubro de 2023

CABAZAS CABACIÑAS...

Pero que artistas sodes!🎃
Graciñas ás familias pola vosa colaboración 😉



domingo, 13 de outubro de 2013

Cantamos no SAMAÍN






Aí vai unhas cancións para o samaín, a petición popular da aula de 1º ciclo...

mércores, 9 de outubro de 2013

SAMAÍN

Animádevos a coñecer máis sobre o Samaín.