luns, 23 de decembro de 2024
NADAL 2024
sábado, 7 de decembro de 2024
GÚSTANOS O BO TRATO!
domingo, 24 de novembro de 2024
"NINJA", TEATRO DOS GHAZAFELHOS
O pasado venres desprazámonos a Ferrol, á sede Afundación, para desfrutar da obra "Ninja" de Teatro dos Ghazafelhos xunto cos compis de Infantil.
Esta peza aborda a problemática do acoso escolar a través da historia de Tori, unha nena que quere ser ninja e entrena a diario para pasar desapercibida. Ela descobre outros nenos que queren ser invisibles no colexio para deixar de sufrir acoso e coa axuda do seu veciño, Edelmiro, buscan a forma de dar visibilidade ao que sucede e conseguir cambiar a situación.
xoves, 21 de novembro de 2024
mércores, 20 de novembro de 2024
xoves, 14 de novembro de 2024
DÍA DO PEÓN E MAGOSTO
E como xa puidestes ver en directo, os peóns xiraron e xiraron! Aínda que temos que recoñecer que aos do 1º ciclo cústanos un pouco que nos faga caso 😉. Pouco a pouco iremos mellorando a nosa técnica...
Ademais, comemos unhas castañas quentiñas e aproveitamos para xogar ao estilo tradicional. Isto xa se nos daba mellor.👏
domingo, 10 de novembro de 2024
VISITA Á CASA DO CONCELLO DE A CAPELA
Esta semana realizamos unha visita á Casa do Concello xunto cos nosos/as compañeiros/as de 3º. Alí explicáronnos aspectos moi básicos do seu funcionamento, vimos os espazos máis importantes e ademais, trouxemos un regaliño. Gracias!
sábado, 9 de novembro de 2024
DÍA DO PEÓN
Achégase o día! Podedes practicar e escoitar a canción "Fago o camiño", do grupo Ourensóns, facendo clic. E a bailar!
venres, 8 de novembro de 2024
BO TRABALLO, COMPI!
Graciñas pola iniciativa e por compartir a túa investigación con nós. Encantounos coñecer a Conchita, Tom e Jerry e aprender tanto sobre os caracois👏
domingo, 3 de novembro de 2024
xoves, 24 de outubro de 2024
DÍA DAS BIBLIOTECAS!
Non foi un 24 de outubro calquera, este curso... Inauguramos a NOVA Biblioteca de Cusco! 👏 Gustounos moito este espazo que de seguro imos usar acotío.
Cusco presentounos un novo proxecto, Capelarte, co que imos aprender moito sobre diferentes disciplinas artísticas. De entrada, xa nos propuxo un reto: atopar 100 parrulos que andan escondidos polo cole para completar un álbum artístico 🦆 Teremos que andar con ollo!
Ademais, revelounos os/as finalistas do concurso Camisarte e a camiseta que elixiu finalmente para este día especial: a deseñada pola nosa compañeira. Noraboa!
Por suposto, non faltou a galleta tan riquiña á que nos ten afeitos. 😋
Se queredes coñecer máis detalles sobre esta xornada, entrade no blog da biblio!
mércores, 23 de outubro de 2024
martes, 1 de outubro de 2024
POR AQUÍ ANDAMOS DE NOVO!
Sabemos que xa van un par de semaniñas que comezamos o curso pero... Máis vale tarde ca nunca! 😅
Benvidos/as ao 1º ciclo!
luns, 24 de xuño de 2024
sábado, 22 de xuño de 2024
FIN DE CURSO, FESTA!
Na última xornada deste curso houbo tempo a todo: deporte, partidos que "enfrontaron" a estudantes e mestres, churros con chocolate, hinchables e moito xogo! Gran parte, grazas á nosa benquerida ANPA👏👏
EXCURSIÓN A CORAX FAUNA
O pasado xoves, 20 de xuño, realizamos unha saída ao centro educativo e de rescate de fauna salvaxe "Corax Fauna", situado en Paderne.
Non só tivemos a oportunidade de apreciar os animais salvaxes de moi preto senón que tamén aprendemos moitas cousas interesantes sobre a especie en xeral e sobre a historia concreta dalgúns deles coas amenas explicacións do noso guía.
Foi un día xenial! 👏☔🌞🐒🐯
venres, 21 de xuño de 2024
sábado, 1 de xuño de 2024
CREANDO XOGUETES
Estes días falamos das forzas e as máquinas e ocorréusenos crear a nosa propia. Aquí o resultado, poucas veces algo tan sinxelo e rápido resulta tan divertido!
martes, 28 de maio de 2024
TEATRO... DE EMOCIÓNS!
Onte tivemos unha sesión especial da man de Teatro Calavera.
Primeiro vimos o vídeo "Os contos da Bruxa Chispún: Branca e a bruxa", unha versión modificada do clásico de Brancaneves, onde bruxa sofre acoso escolar por ser diferente nas aulas e empeza a sentir celos da protagonista. Logo, intercambiamos opinións e reflexionamos sobre a historia. Finalmente, realizamos un "role-playing" no que experimentar con todas esas emocións que sentían as personaxes.
👏👏
luns, 27 de maio de 2024
CINE... DE EMOCIÓNS!
Cales son as emocións básicas? Como se expresan? Son todas necesarias? Como podemos recoñecelas nos demais? Como te sentirías nesta situación? Que recordos gardas na túa memoria que che fixeron sentir así?
Utilizando como punto de partida a película "Del revés" (Inside Out - Disney Pixar), realizamos diferentes dinámicas de grupo coas que intentamos dar resposta a esas e outras preguntas. Foi moi interesante e permitiunos coñecernos mellor a nós mesmos e tamén aos demáis.
💕😃😟😠😨
venres, 17 de maio de 2024
mércores, 15 de maio de 2024
FELIZ DÍA FAMILIAS!
Cada familia é diferente, única e especial. Hai tantas como puñados de botóns e cada unha unida por un fío invisible conectado ao corazón.
Inspirándonos na historia do libro "Un puñado de botones", realizamos estas composicións con tanto cariño que de seguro atoparán un merecido sitio nos vosos fogares.
Feliz día ❤






.jpeg)











































