luns, 25 de maio de 2026

8 M

 

Para celebrar o 8M decidimos sementar lavanda para a muller da nosa vida. Quen será?








martes, 12 de maio de 2026

Entroido

 Este ano, no cole, os de primeiro ciclo disfrazámonos dos Peliqueiros de Laza.

Desfrutamos moito preparando as nosas máscaras e disfraces. Fixemos un pequeno desfile, cos demais compañeiros do cole, para que nos visen as nosas familias e xogamos un montón todos xuntos.






Saída ao Aquarium da Coruña

 O primeiro ciclo de primaria e os nenos de infantil saímos a coñecer o Aquarium Finisterrae da Coruña.

Vimos un montón de peixes e coñecemos a Gastón, o tiburón toro do acuario, e vímolo comer!

Que curta se nos fixo a mañá!










A galiña de Mos

 Así despedimos aos nosos pitiños. Vixiámolos moitos días mentres estiveron na incubadora. Vímolos nacer e medrar un montón en pouquiño tempo. Agora téñense que ir a un lugar máis axeitado para seguir medrando.