Cusco tróuxonos a unha amiga dentista para que nos explicara moi ben como temos que coidar os nosos dentes. Agora cando teñamos que ir ao dentista xa non nos vai dar tanto medo.
Ademais, trouxo agasallos para todos. Moitas grazas!

Fomos de excursión ata Pontedeume a coñecer da man da garda civil os diferentes corpos que a integran.
O que máis nos gustou foi o helicóptero!
Divertímonos moito con Moc Moc que nos veu a recordar como debemos facer para levar a cabo unha boa reciclaxe.
O primeiro ciclo de primaria e os nenos de infantil saímos a coñecer o Aquarium Finisterrae da Coruña.
Vimos un montón de peixes e coñecemos a Gastón, o tiburón toro do acuario,
e vímolo comer!
Que curta se nos fixo a mañá!
Nesta semana comeza primavera e polo tanto, a tempada de sementar. Nós xa puxemos a xerminar unhas cantas sementes de limoeiro.
Primeiro, exprememos uns cantos limóns para coller as sementes. E como no cole non somos de desperdiciar, aproveitamos para facer unha refrescante limoada 😋