domingo, 27 de abril de 2025

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

 A xornada do venres marchamos todos/as do cole para visitar A Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. 

Mentres os/as maiores realizaban unha actividade baseada na experiencia sensorial, nós estivemos no edificio da Biblioteca de Galicia, aproveitando que era a semana do libro. Alí explicáronnos de forma breve que tipo de materiais gardaban, como se debían coidar os libros e de que perigos protexelos e ensináronnos algún sistema de arquivo. Ademais, levamos para a casa un pequeno agasallo.👏

Como nos gusta saír de excursión!



sábado, 26 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

No día do libro disfrutamos da actuación de Leo Leíño "Maxia tola e lectora" Graciñas á Biblioteca Municipal da Capela pola invitación. Gustounos moito!



martes, 1 de abril de 2025

LECTURA COMPARTIDA NA AULA

Formas de ler hai moitas, pero as que máis nos gustan nesta clase son as que se comparten. Por iso, cada semana fomos traendo das nosas casas un conto que nos resultaba especial para ler en boa compañía.