martes, 23 de xuño de 2026

Festa fin de curso

 Este curso pechamos cunha festa ao grande. Disfrutamos de colchonetas, pintacaras, tatuaxes e festa da escuma. Logo tivemos a actuación dun mago que nos deixou ca boca aberta.

Agora só nos queda de disfrutar do verán para repoñer enerxía e comezar o próximo curso con moitas ganas e ilusión.

Bo verán a todos e todas!!!!










Excursión fin de curso

 Os últimos días do cole están sendo moi divertidos. Fixemos unha excursión a Viveiro que nos gustou moito.

As tirolinas foron superdivertidas!!













martes, 9 de xuño de 2026

Día das Letras Galegas

 Este ano o día das letras galegas está dedicado a Begoña Caamaño. As nenas e nenos do cole que tocan a pandeireta dedicáronlle unhas pezas na súa honra.

Que ben o fixeron!









Charla dentista

 Cusco tróuxonos a unha amiga dentista para que nos explicara moi ben como temos que coidar os nosos dentes. Agora cando teñamos que ir ao dentista xa non nos vai dar tanto medo.

Ademais, trouxo agasallos para todos. Moitas grazas!









Saída a Pontedeume

 Fomos de excursión ata Pontedeume a coñecer da man da garda civil os diferentes corpos que a integran.

O que máis nos gustou foi o helicóptero!


venres, 5 de xuño de 2026

Raposadas

 
Para celebrar o día do libro saímos ata a casa da cultura a ver a obra teatral “As raposadas”.

Cantamos, fixemos sons e rimos moito ca raposa e as súas andanzas.


Día Do Libro

 Para conmemorar o Día do Libro entre todos fixemos un gran mural cos planetas e os protagonistas do libro “Os planetas” que estivemos a ler e escoitar.

Ademais tivemos a visita de José Antonio Abad, autor do libro que nos dedicou e firmou a cada un de nós o noso exemplar.





Moc Moc

 Divertímonos moito con Moc Moc que nos veu a recordar como debemos facer para levar a cabo unha boa reciclaxe.




luns, 25 de maio de 2026

8 M

 

Para celebrar o 8M decidimos sementar lavanda para a muller da nosa vida. Quen será?








martes, 12 de maio de 2026

Entroido

 Este ano, no cole, os de primeiro ciclo disfrazámonos dos Peliqueiros de Laza.

Desfrutamos moito preparando as nosas máscaras e disfraces. Fixemos un pequeno desfile, cos demais compañeiros do cole, para que nos visen as nosas familias e xogamos un montón todos xuntos.






Saída ao Aquarium da Coruña

 O primeiro ciclo de primaria e os nenos de infantil saímos a coñecer o Aquarium Finisterrae da Coruña.

Vimos un montón de peixes e coñecemos a Gastón, o tiburón toro do acuario, e vímolo comer!

Que curta se nos fixo a mañá!