O pasado venres desprazámonos a Ferrol, á sede Afundación, para desfrutar da obra "Ninja" de Teatro dos Ghazafelhos xunto cos compis de Infantil.
Esta peza aborda a problemática do acoso escolar a través da historia de Tori, unha nena que quere ser ninja e entrena a diario para pasar desapercibida. Ela descobre outros nenos que queren ser invisibles no colexio para deixar de sufrir acoso e coa axuda do seu veciño, Edelmiro, buscan a forma de dar visibilidade ao que sucede e conseguir cambiar a situación.
E mentres os nosos compis maiores asistían a outras actividades, nós aproveitamos para xogar e merendar ao aire libre. Que ben o pasamos!