xoves, 29 de abril de 2021

Día do libro

 Visitáronnos Pinto e Chinto.

Déixovos o enlace ao noso vídeo do conto "Nicomedes o pelado" que tedes no canal de Youtube:

Nicomedes o Pelado 

e máis as fotos que saquei dos nosos poliños e poliñas:



















 















mércores, 28 de abril de 2021

Día da Muller

 Moi boas!!

De todo o que fixemos ultimamente xa hai colgadas "cousiñas" no blogue da biblioteca:

 Blogue de biblio

 e no canal que ten o cole de Youtube:

Canal de Youtube 

Déixovos aquí as fotos e algún vídeo de cousas exclusivamente nosas por si queredes velas ou telas. Espero que vos gusten:

Día da muller:













luns, 29 de marzo de 2021

Merenda saudable (Proxecto Aliméntate Ben)

 Como remate de trimestre puxémonos mans á obra dentro do Plan Proxecta no que estamos inmersos chamado "Aliméntate Ben" e fixemos unha merendola sana e nutricional.

E alimentámonos ben?

Como non podía ser doutra maneira, así o fixemos, nós e todo o cole.

Déixovos o vídeo coas fotos:


Merenda saudable





xoves, 4 de marzo de 2021

TAREFA INTERDISCIPLINAR

O venres pasado fixemos unha tarefa interdisciplinar.

Comprendía... un pouco das linguas (comunicación, lectura, escritura...), un pouco de "matracas"   (números, sumas, cantidades, unidades de medida...), un algo de ciencias (de onde veñen os ovos, as diferentes partes destes, de onde sae a fariña, o azúcar...) e moita educación en valores (colaborar, respectar, coordinar, traballo en equipo...)

Que que fixemos?? 

Un biscoito!!


Partimos disto (vaaaale, con algunha falta de ortografía):



Este foi o equipo de chefs cos que contei:




E logo traballamos así:

































Este foi o ingrediente máis buscado... 



Síntoo, pero a min lémbranme os zombies atacando nunha peli de terror...
Por certo, graciñas á nosa orientadora Albiña que nos veu botar unha man!! Un bicasso!!


Esto foi para o forno, en varias capas e con moooooitas pebidas de chocolate por riba (petición dos chefs):



I este foi o resultado:



Como somos boa xente e moi xenerosa, compartimos coa xentiña de Ed. Infantil (e que si papamos todo, non hai quen coma despois no comedor!):




E así rematou todo:


A pouco máis non deixamos nin o papel do fondo!!

Ata a próxima!!