O venres pasado fixemos unha tarefa interdisciplinar.
Comprendía... un pouco das linguas (comunicación, lectura, escritura...), un pouco de "matracas" (números, sumas, cantidades, unidades de medida...), un algo de ciencias (de onde veñen os ovos, as diferentes partes destes, de onde sae a fariña, o azúcar...) e moita educación en valores (colaborar, respectar, coordinar, traballo en equipo...)
Que que fixemos??
Un biscoito!!
Partimos disto (vaaaale, con algunha falta de ortografía):
Este foi o equipo de chefs cos que contei:
Este foi o ingrediente máis buscado...
Síntoo, pero a min lémbranme os zombies atacando nunha peli de terror...
Por certo, graciñas á nosa orientadora Albiña que nos veu botar unha man!! Un bicasso!!
Esto foi para o forno, en varias capas e con moooooitas pebidas de chocolate por riba (petición dos chefs):
Como somos boa xente e moi xenerosa, compartimos coa xentiña de Ed. Infantil (e que si papamos todo, non hai quen coma despois no comedor!):
Ata a próxima!!