xoves, 29 de abril de 2021

FAI CLIC AO TEU BOCATA

 E o martes pasado tivemos a visita duns científicos no noso cole dentro das actividades do programa "Aliméntate ben".

Viñeron para facernos un ameno obradoiro titulado 

"Fai clic ao teu bocata!"

onde aprendimos cousas moi interesantes sobre os peixes e mariscos envasados, dende as súas características ata como se pesca cada un, para logo propoñernos incluílos máis na nosa dieta polo seu valor nutritivo. 

Agasalláronnos cuns deliciosos e saudables bocadillos, así coma con pósters, trípticos e incluso uns marabillosos "portabocatas".

Que majos!!

Velaquí as fotos: