Estuven falando con Bea de por onde van ir os tiros coa
continuidade do curso e en vista de que esto vai para largo a ver que vos
parece ir adiantando materia (o Tema 6 pra rematar o 2º trimestre).
Ademais hai familias que me comunicaron que teñen problemas co acceso a internet e lles custa seguir o blogue polo que co libro de texto lles sería máis doado.
Mañá vou ir ao cole para
deixarvos a cada familia o libro do Tema 6 e que o recollades quen queirades e cando queirades
(en horario de mañá, que está Mari, dende mañá mesmo, calquer día laborable). Quen non queira ir a buscalo, tamén pode seguilo polo libro dixital de
Santillana, na web (aínda que máis doado é co libro físico porque senón terían que facer todo nunha libreta).
1º e 2º son uns cursos baixos, no que
non van ter problema para seguir a materia e se o teñen llo podedes explicar
vós, e así non estamos repasando sempre o mesmo e poden alo menos rematar os contidos
do 2º trimestre para ver que ocorre logo co resto do curso.
Calquera dúbida me podedes escribir a través deste blogue, do meu correo davidlopez@edu.xunta.es ou do abalar móbil. Non vos cortedes.
Irei pouco a pouco para non saturarvos e cada día porei aquí e máis no abalar móbil o do día seguinte. Logo vós vos organizades.
Será cada día un par de páxinas de cada asignatura.
Pensámolo para aproveitar mellor o tempo e que non perdan tanta materia.
A ver como vai.
Moito ánimo e para a semana empezamos.
Unha aperta enorme dende o confinamento!!