mércores, 2 de abril de 2014

2 de abril - Día Internacional do libro infantil


Dende 1967, o 2 de abril celebramos o aniversario do nacemento dun importantísimo escritor danés chamado Hans Christian Andersen. Esta celebración está encamiñada a inspirar o amor polos libros e pola lectura.

Nós, hoxe, imos celebralo contanto contos dos que veñen nos libros e contando contos, deses que veñen de vello, e nos contan nas nosas casas.