martes, 12 de maio de 2026

A galiña de Mos

 Así despedimos aos nosos pitiños. Vixiámolos moitos días mentres estiveron na incubadora. Vímolos nacer e medrar un montón en pouquiño tempo. Agora téñense que ir a un lugar máis axeitado para seguir medrando. 




sábado, 27 de decembro de 2025

mércores, 3 de decembro de 2025

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL: Aves rapaces nocturnas

 Onte participamos nun obradoiro organizado pola Deputación da Coruña e impartido por Tamara, membro da Asociación Alados Medioambiente. Primeiro contounos de forma moi amena os rasgos máis característicos das aves rapaces e despois elaboramos uns poliños de curuxa. 

Foi moi interesante!🦉👏


martes, 25 de novembro de 2025

25N - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Que ningúen vos corte as ás! 💜

domingo, 23 de novembro de 2025

SAÍDA: XACEMENTO DE CALDOVAL (MUGARDOS)

No Centro de Interpretación de Calvodal consérvanse os restos duns baños privados da época dos romanos. Parece ser que utilizaban ese lugar para coidar a súa saúde, a hixiene, o ocio e tamén a práctica deportiva e os xogos. 
Explicáronnos como funcionaban os baños, cal era o seu uso e as diferentes partes do circuito. Tamén nos ensinaron varios obxectos antigos que usaban no día a día: pratos, ánforas, cuncas, moedas, roupa de baño, etc. Ao final, elaboramos un tres en raia de arxila coas nosas propias mans. 
Foi unha xornada moi interesante!





xoves, 20 de novembro de 2025

POLO DÍA DA INFANCIA... ANA MEILÁN!

 Catro ratiños amigos de Cusco viñeron visitarnos hoxe, no noso día especial. Con Ana Meilán a ilusión, a maxia e a diversión están aseguradas. Que máis se pode pedir?

Graciñas á ANPA por este agasallo.



xoves, 30 de outubro de 2025

SAMAÍN

Poucos días vimos ao colexio tan... elegantes! 
Pasámolo de medo con visitas sorpresa, contacontos e concurso de decoración de cabazas.

Graciñas ás familias e á ANPA pola colaboración. 👏🎃


mércores, 29 de outubro de 2025

CONTACONTOS CON BEA CAMPOS

Unha orixinal versión de Riciños de ouro, un Cucú-tras cantado e Tío Lobo foron as historias coas que Bea Campos nos fixo desfrutar da lectura e das historias ben contadas. Fantástico!
Graciñas á Biblioteca Municipal da Capela por convidarnos. 
👏

domingo, 26 de outubro de 2025

24 DE OUTUBRO - DÍA DAS BIBLIOTECAS

Como cada outubro, Cusco xa nos ten afeitos a celebrar este día ao grande. Houbo de todo: concurso exposición de deseños para atoparlle axudante, agasallos varios (entre deles, a súa famosa galletiña) e unha xenial actividade multinivel coa que nos divertimos e aprendemos a partes iguais. 

Para coñecer máis sobre esta xornada, visitade o blog da biblioteca de Cusco (facede clic aquí). En breve estará actualizado. 

🐭📖👏

domingo, 19 de outubro de 2025

ACTIVIDADE SOBRE A RECICLAXE

O venres recibimos a visita de Nuria, especialista en xestión medioambiental. Primeiro explicounos o máis importante sobre a reciclaxe e despois propúxonos un xogo no que puidemos desmostrar o atentos/as que estivemos. Graciñas ao concello da Capela por esta actividade. 


domingo, 28 de setembro de 2025

domingo, 21 de setembro de 2025

sábado, 21 de xuño de 2025

ATA SETEMBRO!

Felices    merecidas  vacacións  ! 

venres, 20 de xuño de 2025

FESTA DE FIN DE CURSO

Comezamos cantando e movendo o esqueleto con Gemola, que marcha! 💃

Despois desfrutamos do bo tempo con xogos ao aire libre: colchonetas, xogos de "mesa / campo", tatuaxes, etc. Foi ben divertido! 🌈


E como peche de ouro, unha festa da escuma! 💦🌞

 Graciñas, ANPA, por facer posible este gran último día do curso!

👏👏👏

mércores, 11 de xuño de 2025

SAÍDA Á GRANXA DO SOUTO (ORTIGUEIRA)

Normalmente os luns non nos gusta moito madrugar, pero o desta semana foi diferente porque marchabamos de excursión! 
👏🚌
Desprazámonos a Ortigueira para pasar unha mañá entre animais domésticos na Granxa do Souto. Alí aprendemos datos moi interesantes sobre os cabalos e os seus coidados e montamos en poni. Eran tan boíños e mansos, que desfrutamos moito da experiencia.
🐎
Tamén acariñamos coellos, cabuxiños, ovellas, unha becerriña, unha mula, galiñas e ata un porquiño moi pero que moi listo. 
🐇🐖🐄🐔🐑🐐

Pasámolo xenial!





 

domingo, 8 de xuño de 2025

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O pasado xoves, 5 de xuño, tivemos a visita de varios membros do distrito forestal de Ferrol. Utilizando un conto dos Bolechas, explicáronnos datos moi interesantes sobre os incendios e as tarefas e equipamento necesarios para a súa importante labor, protexer a biodiversidade dos bosques. 

Aínda que o tempo non acompañou, aproveitouse tamén para plantar dúas novas árbores no patio, un carballo e máis unha faia. 

Que as árbores sempre formen parte das nosas vidas! 

Graciñas a todo o equipo e, en especial, a Martín.



mércores, 21 de maio de 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: Cantareiras

 Este ano tocaba homenaxear á tradición oral, ás cantareiras. As súas cantigas foron pasando de xeración en xeración contribuíndo a manter viva a nosa lingua e cultura.

Logo de investigar un pouquiño na aula sobre o tema, tivemos a oportunidade de disfrutar en directo do talento do grupo de baile galego e pandeireta das clases extraescolares. Tan ben o fixeron, que nos pareceu boa idea que a cantiga chegase a todas as vosas casas por medio do chaveiro impreso en 3D e do código QR que o acompañaba.

Graciñas a Carlos, Bea, Jose e David pola vosa música. Canto bailamos!

E por suposto, graciñas ás nosas cantareiras máis especiais de 1º ciclo: Leila, Sabela, Natalia, Irene, Ángela e Tamara.

👏👏👏👏



xoves, 15 de maio de 2025

DÍA DA FAMILIA - 15 DE MAIO

Seguro que estes imáns ocuparán un lugar especial na porta do frigorífico 😉 

Feliz día, familias!

luns, 12 de maio de 2025

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

Hoxe tivemos unha ansiada visita: Paula Carballeira, a autora do libro que tanto nos gustou ler e comentar en conxunto na aula, "A tartaruga Amodovou". 

Disfrutamos moito coas historias que nos contou e axiña nos cautivou coa súa extraordinaria forma de narralas e de facernos formar parte delas. Ademais, asinou cada un dos nosos libros con dedicatoria incluída. Que ilusión! 

Pola nosa parte, ensinámoslle o traballiño que fixemos entre todo o alumnado do colexio, unha pequena historia dramatizada a partir das personaxes das obras escollidas por Cusco. E cremos que lle encantou! No blog da Biblio poderedes saber máis sobre este día, lembrade pasarvos por alí. 

Foi unha xornada estupenda. 

Gracias, Paula! 👏


domingo, 27 de abril de 2025

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

 A xornada do venres marchamos todos/as do cole para visitar A Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. 

Mentres os/as maiores realizaban unha actividade baseada na experiencia sensorial, nós estivemos no edificio da Biblioteca de Galicia, aproveitando que era a semana do libro. Alí explicáronnos de forma breve que tipo de materiais gardaban, como se debían coidar os libros e de que perigos protexelos e ensináronnos algún sistema de arquivo. Ademais, levamos para a casa un pequeno agasallo.👏

Como nos gusta saír de excursión!



sábado, 26 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

No día do libro disfrutamos da actuación de Leo Leíño "Maxia tola e lectora" Graciñas á Biblioteca Municipal da Capela pola invitación. Gustounos moito!



martes, 1 de abril de 2025

LECTURA COMPARTIDA NA AULA

Formas de ler hai moitas, pero as que máis nos gustan nesta clase son as que se comparten. Por iso, cada semana fomos traendo das nosas casas un conto que nos resultaba especial para ler en boa compañía.

xoves, 27 de marzo de 2025

SAÍDA A FERROL

 O pasado 20 de marzo desprazámonos a Ferrol. 

A primeira parada foi para desfrutar dun concerto da Banda do Terzo Norte. Aprendemos sobre os  instrumentos que usaban, cos cales interpretaron pezas moi coñecidas para nós. Foi moi divertido e ata ofreceron o papel de director a un dos nosos compis de 3º!

Despois dunha breve parada para o tentempé, continuamos a ruta ata o Museo de Historia Natural, onde a monitora nos contou unha chea de interesantes datos sobre a natureza. A sala de ambiente mariño era espectacular e quedamos abraiados cos esqueletos. 

Foi un día xenial. Xa nos tarda a próxima! 👏