Para quen non o saiba, RTVE e o Ministerio de Educación, puxeron en marcha dende o luns a iniciativa "Aprendemos en casa" dirixida a escolares de 6 a 16 anos para facilitar a aprendizaxe durante a suspensión da actividade lectiva.
Todas as mañás, de luns a venres, tedes 1 hora no canal de Clan de RTVE de contidos educativos. Póñovos o horario:
Si é moito madrugar, podedes despois acceder a estes contidos tamén na páxina web:
https://www.rtve.es/infantil/series/aprendemos-casa-6-8/
A maiores, familias, poderedes atopar vídeos sobre as principais áreas curriculares. Déixovos o enlace para calquera idade e logo vós xa seleccionades. Trátase de "Educlan":
https://www.rtve.es/educlan/
Tamén, na propia páxina do canal Clan, tedes series, un apartado de inglés e xogos moi divertidos... que seguro lles encantan aos meus pelouciños e pelouciñas (decídelles que lles chamei así, que van rabear)
https://www.rtve.es/infantil/
A disfrutar destes contidos e sobrelevar a cuarentena!!
Mañá máis!!
Un bicasso para tod@s!!
martes, 24 de marzo de 2020
Blogue de Sandra de inglés
Moi boas!!
Vou seguir engadindo enlaces, material, contidos, páxinas web interesantes...
Hoxe tócalle o turno á mestra máis molona de inglés que temos no cole e que ten un blogue propio.
No apartado de "Ensinanzas" da nosa páxina web, tedes esto e máis cousas relacionadas coa lingua inglesa pero hoxe quero deixarvos simplemente o enlace ao seu blogue.
Avísovos que aparece o voso nome si entrades no curso que vos corresponde...
Clicade no que aparece xusto debaixo e... veña, a practicar inglés!!
Enlace ao Blogue de Sandra

luns, 23 de marzo de 2020
Fichas L. Castelá, Mate e "Galego" de 2º (Luns e martes)
Para imprimir estas fichas 1º descargádeas no ordenador: botón dereito enriba delas e logo "Guardar imagen como". Espero que así vos valgan.
Fichas L. Castelá, Mate e "Galego" de 1º (luns e martes)
Para imprimir estas fichas 1º descargádeas no ordenador: botón dereito enriba delas e logo "Guardar imagen como". Espero que así vos valgan.
sábado, 21 de marzo de 2020
Aulas Galegas.
Aulas galegas é un portal educativo feito por mestres e mestras galegos/as que xorde para axudar neste trance de aillamento a alumnado, familias e profesorado, brindando recursos, materiais e outras actividades por nivel educativo e materia.
Publican cada día material educativo novo.
Mellor se presentan eles mesmos:
Esta é a súa páxina web.
"AULAS GALEGAS"
http://aulasgalegas.org/
Paréceme moi útil, entretida, dinámica e non só podedes atopar actividades para traballar cos vosos fillos e fillas senón tamén contos, vídeos, xogos, actividades para a xente maior...
Materiais alternativos tan importantes nestes días coma o material de traballo curricular.
Agardo que vos guste e que o utilicedes.
Un saúdo e moito ánimo. 😉

Cadernos de Santillana de 1º e 2º
Mándovos estes enlaces dos cadernos do 2º e 3º trimestre de Lingua Castelá e Matemáticas de Santillana que a editorial nos cedeu pra traballar durante a cuarentena. Podedes imprimilos ou usalos como base para transcribilos a unha libreta ou folio.
En breve pasaranme os de L. Galega e os porei tamén neste espazo.
En breve pasaranme os de L. Galega e os porei tamén neste espazo.
Agardo que vos sirvan. Por suposto, son totalmente voluntarios.
Moito ánimo coa reclusión. 😉
Un saúdo.
Cadernos 1º L. Castelá
Cadernos 1º Matracas
Cadernos 2º L. Castelá
Cadernos 2º Matracas
AbalarMóbil
Aquí deixamos de novo os pasos para descargar a aplicación AbalarMóbil e seguir así en contacto co profesorado estes días de illamento.
luns, 16 de marzo de 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)