A partir desta semana os nenos e nenas de 1º ciclo imos deselvolver unha serie de experimentos científicos na aula. Cada semana levaremos a cabo unha experiencia da que iremos dando novas no noso blog.
Aventurámonos ao marabilloso mundo da ciencia....!!!!!!!!!!
@s nen@s de primeiro ciclo de Primaria acordámonos moito de Yaiza porque está maliña. Dende o cole mandámoslle un abrazo moi grande e desexamos que se recupere canto antes!!
Querémoste un montón!! Volve pronto!!
Hoxe fomos de visita a Miño, alí coñecimos a Granxa O Cancelo e aprendimos moitas cousas sobre as granxas de gando vacuno: qué comen as vacas, cómo se ordeñan, qué se fai co leite... e ademáis agasalláronnos cunha degustación de leite e xeados da granxa!
Seguimos traballando as figuras xeométricas a través do arte. Nesta sesión, deixaremos o arte abstracto de KANDINSKY, e faremos unha representación dos elementos do noso entorno mediante o cubismo, da mesma forma que faría o propio PICASSO!!
Na asignatura de Plástica traballaremos sobre as FORMAS e FIGURAS XEOMÉTRICAS
mediante diferentes autores e correntes artísticas. Hoxe coñeceremos a
Kandinsky e faremos a nosa propia versión dalgunha das súas obras!
A unidade forestal de Ferrol encargada de coidar o noso monte visitounos hoxe para ensinarnos a previr o lume no monte. Tamén nos trouxeron o pick up coa mangueira e falamos polos walkies.