luns, 23 de marzo de 2020

Fichas L. Castelá, Mate e "Galego" de 1º (luns e martes)

  Para imprimir estas fichas 1º descargádeas no ordenador: botón dereito enriba delas e logo "Guardar imagen como". Espero que así vos valgan.










sábado, 21 de marzo de 2020

Aulas Galegas.

Aulas galegas é un portal educativo feito por mestres e mestras galegos/as que xorde para axudar neste trance de aillamento a alumnado, familias e profesorado, brindando recursos, materiais e outras actividades por nivel educativo e materia.
Publican cada día material educativo novo.

Mellor se presentan eles mesmos:


Esta é a súa páxina web.

"AULAS GALEGAS"

http://aulasgalegas.org/

Paréceme moi útil, entretida, dinámica e non só podedes atopar actividades para traballar cos vosos fillos e fillas senón tamén contos, vídeos, xogos, actividades para a xente maior... 
Materiais alternativos tan importantes nestes días coma o material de traballo curricular.
Agardo que vos guste e que o utilicedes.
Un saúdo e moito ánimo. 😉

Cadernos de Santillana de 1º e 2º

Mándovos estes enlaces dos cadernos do 2º e 3º trimestre de Lingua Castelá e Matemáticas de Santillana que a editorial nos cedeu pra traballar durante a cuarentena. Podedes imprimilos ou usalos como base para transcribilos a unha libreta ou folio.
En breve pasaranme os de L. Galega e os porei tamén neste espazo.
Agardo que vos sirvan. Por suposto, son totalmente voluntarios.
Moito ánimo coa reclusión. 😉
Un saúdo. 

Cadernos 1º L. Castelá



Cadernos 1º Matracas



Cadernos 2º L. Castelá



Cadernos 2º Matracas

AbalarMóbil


Aquí deixamos de novo os pasos para descargar a aplicación AbalarMóbil e seguir así en contacto co profesorado estes días de illamento.


luns, 16 de marzo de 2020

domingo, 8 de marzo de 2020

luns, 2 de marzo de 2020

ENTROIDO