xoves, 30 de novembro de 2023

XOGOS MATEMÁTICAS - 2º PRIMARIA

 Aquí podedes practicar os/as de 2º. Lembrade que tamén podedes utilizar os xogos de 1º...

XOGOS MATEMÁTICAS - 1º PRIMARIA

Aquí tedes xogos de matemáticas para 1º de primaria. Nos vindeiros días engadirei outros para 2º. Poderedes acceder a eles nesta entrada do blog ou buscándoo na columna da marxe dereita.

sábado, 25 de novembro de 2023

25 N - TRAVESÍA UNICORNIO E LENTES DE CORES

Con motivo do Día contra a Violencia de Xénero, o concello da Capela ofreceunos dúas estupendas actividades. 

O xoves disfrutamos dunha actuación a cargo do Teatro dos Ghazafelhos. A obra, chamada "Travesía Unicornio" foi ben divertida, pero á vez puidemos reflexionar sobre o valor da amizade, o respecto ás diferenzas entre as persoas e os roles de xénero. Todas e todos podemos chegar a onde nos propoñamos, sen que ninguén nos diga quen ou como ser ou o que nos debe gustar. 👏






O venres, contáronnos a historia do libro 
"El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa". 
Despois dunha pequena asemblea na que cavilamos en que as cores (e moitas outras cousas) non teñen xénero, decoramos unhas lentes fabulosas para ver o mundo de todas as cores... ou da que prefiramos! 





Por se fose pouco, ao final do día levamos un xenial agasallo! 


 Graciñas ao concello de A Capela!

luns, 20 de novembro de 2023

20 N - DÍA DA INFANCIA

Feliz día, campionas e campións! 


 
Fonte: Derechos de los Niños - UNICEF. Licencia Youtube Estándar. 

venres, 17 de novembro de 2023

EL MISTERIO DE LOS NÚMEROS ROBADOS

 Aquí tedes unha actividade moi entretida sobre os números. Aceptades o reto?

Este é para os de 1º de EP

 
Autoría: Pedro José Pérez Romero. En Genial.ly
 
 E esta para os de 2º de EP
 
Autoría: Pedro José Pérez Romero. En Genial.ly

xoves, 16 de novembro de 2023

XOGAMOS XUNTOS

 Este martes os maiores do cole viñeron facernos unha visita para aprender xogando. Graciñas, xa nos tarda repetir!😉


sábado, 11 de novembro de 2023

POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO

 Un curso máis, celebramos o Día do Peón da mellor maneira posible: cantando, bailando e xogando! 

Logo de escoitar o pregón a cargo dos compis de 6º, soou a canción "Fago o camiño" (do grupo Ourensóns) proposta por Brinquedia. Podedes escoitala de novo facendo clic aquí

Deseguida fixemos o noso tradicional lanzamento colectivo de buxainas. Nós eliximos probar coas que nos enviaron os/as nenos/as do colexio de Cabanas. 

Agardamos que a eles tamén lles gustaran as nosas!

Despois pasámolo xenial xogando á rá, cos zancos, ao pano e por suposto, a bailar o peón! 



Foi unha xornada estupenda, que rematamos cunhas galletas en forma de peón no comedor. 👏

mércores, 8 de novembro de 2023

SAÍDA A FERROL - AFUNDACIÓN ABANCA

 Vaia ritmos! 🎶 

Así lle chaman ao espectáculo que hoxe nos fixo bailar, saltar, cantar, rir, aplaudir e sobre todo, sorprendernos cos ritmos e instrumentos inusuais que empregaban. Pasamos unha mañá ben divertida na Afundación Abanca de Ferrol cos compoñentes de Odaiko Percussion Group👏👏

 




venres, 3 de novembro de 2023

VISITA DA ESCOLA DE MÚSICA DA CAPELA

🎵🎶🎵🎶
 
 
 

mércores, 1 de novembro de 2023

CELEBRAMOS O MAGOSTO E O SAMAÍN

Comezamos a xornada con cara de ter pasado unha mala noite...💀👻😱


Pero deseguida recuperamos forzas cando comemos as castañas no recreo. Estaban ben boas! 😋🌰


Así puidemos desfrutar moito máis dos xogos que nos preparou o profe Fer, todos coa castaña tamén de protagonista: a mariola, a bomba, o castañacesto, a culler... 



No descanso, tivemos unha grata sorpresa. Todos/as os/as participantes na exposición de cabazas recibiron un diploma e un pequeno agasallo, premiando tamén a orixinalidade. 👏


 

Ata a sobremesa do xantar foi especial, cunhas deliciosas galletas en forma de gato, cabaza, morcego, etc... Pero o certo é que atendemos máis a comer que a sacarlles foto... 😁