sábado, 28 de outubro de 2023
venres, 27 de outubro de 2023
DIA DAS BIBLIOTECAS
Celebrar o 24 de outubro no noso cole xa é toda unha tradición. Visitade o blog de Cusco 🐭para coñecer como foi o Día das Bibliotecas, pero podemos ir adiantando que as galletas estaban riquísimas e que na nosa clase temos dous finalistas para o concurso - exposición dos slogans de lectura 👏
mércores, 25 de outubro de 2023
SESIÓN SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Hoxe coñecemos algunhas pautas que nos axudan a levar unha alimentación equilibrada e saudable da man de dúas especialistas no ámbito. Ata levamos un diploma polo noso traballo ben feito! 😉
AQUÍ ESTAMOS DE VOLTA... cun CONTACONTOS!
Comezamos a semana coa primeira das actividades para celebrar o día das Bibliotecas no cole. Un curso máis, a Biblioteca Municipal da Capela convidounos a un contacontos ofrecido por Raquel Queizás. As súas historias son garantía de risas, entretemento, aprendizaxe e disfrute por partes iguais. Desta vez, os contos de "A maleta da Avoa" achegáronnos á mitoloxía galega e aos personaxes dos trasnos, mouras e papóns.
Moitísimas grazas e ata a próxima!